Campionato do Mundo de Cross 2008

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Imaxe da final feminina senior

O campionato do Mundo de cross celebrouse na cidade escocesa de Edimburgo o 30 de marzo de 2008, na súa 36ª edición. Están organizados pola IAAF. Son os segundos mundiais de cross que se celebran en Escocia, logo da sexta edición, celebrada en 1978 en Glasgow.

Datos técnicos[editar | editar a fonte]

Participaron 462 atletas, representando a 59 federacións distintas. Deles, 297 eran homes e só 165 (36%) mulleres. Por federacións, o continente máis representado era África, con 21, mentres que de Sudamérica só acudiron dous equipos, Brasil e Güiana.

Percorrido e instalacións[editar | editar a fonte]

O percorrido disputouse no parque de Holyrood, localizado no barrio onde tamén se atopa o Parlamento escocés. Nun circuíto semellante xa se celebraron os europeos de cross do ano 2003. A superficie do percorrido era de herba se ben había amplas zonas a lama. O circuíto tiña unha volta curta, de 1.840 m e unha volta longa de 2.080 m. O percorrido era fundamentalmente chan, cunha grande elevación nas voltas longas, cunha costa de 13 m verticais en 80 horizontais (16%).

A vila dos deportistas localizouse na residencia universitaria Pollock Halls, ao oeste da cidade.

Distancias[editar | editar a fonte]

O mundial integrou catro campionatos, con distancias diversas:

  • Júnior feminino: 6.040 m (unha volta curta e dúas longas)
  • Júnior masculino: 7.905 metros (dúas voltas curtas e dúas longas)
  • Sénior feminino: 7.905 metros (dúas voltas curtas e dúas longas)
  • Sénior masculino: 12.125 metros (dúas voltas curtas e catro longas)

Premios[editar | editar a fonte]

O premio para os gañadores en categoría sénior eran de 30.000 dólares e para os equipos de 20.000.

Resultados[editar | editar a fonte]

Vista panorámica do circuíto

Os campionatos estiveron dominados polos países africanos, fundamentalmente Etiopía, que gañou tres competicións por equipos e os catro títulos individuais, e por Quenia. Nas clasificacións de júniors, a primeira atleta non africana foi unha xaponesa (10ª), e tamén dese país foi o primeiro non africano (20º). En categorías absolutas, houbo atletas nacidos en África que, representando os Países Baixos ou Qatar obtiveron posicións destacábeis. Porén, a primeira atleta sénior non nacida en África foi a na Benita Johnson (11ª), e en homes foino o estadounidense Jorge Torres (19º).

Sénior masculino[editar | editar a fonte]

Medalla Atleta Tempo
Ouro Kenenisa Bekele Etiopía Etiopía 34'38"
Prata Leonard Komon Quenia Kenya 34'41"
Bronce Zersenay Tadese Eritrea Eritrea 34'43"

Por equipos[editar | editar a fonte]

Medalla País Puntos
Ouro Kenya Quenia
Leonard Komon - Joseph Ebuya - Moses Masai - Gideon Ngatuny - Bernard Kipyego - Hosea Macharinyang
39
Prata Flag of Ethiopia.svg Etiopía
Kenenisa Bekele - Habtamu Fikadu - Sileshi Sihine - Gebre-egziabher Gebremariam - Dereje Debele - Abebe Dinkesa
105
Bronce Flag of Qatar.svg Qatar
Felix Kikwai Kibore - Ahmad Hassan Abdullah - Sultan Khamis Zaman - Mubarak Hassan Shami - Gamal Belal Salem - Essa Ismail Rashed
144

Sénior feminino[editar | editar a fonte]

Medalla Atleta Tempo
Ouro Tirunesh Dibaba Etiopía Etiopía 25'10"
Prata Mestawet Tufa Etiopía Etiopía 25'15"
Bronce Linet Masai Quenia Kenya 25'18"

Por equipos[editar | editar a fonte]

Medalla País Puntos
Ouro Flag of Ethiopia.svg Etiopía
Tirunesh Dibaba - Mestawet Tufa - Gelete Burka - Meselech Melkamu
18
Prata Kenya Quenia
Linet Masai - Doris Changeywo - Priscah Cherono - Margaret Muriuki
22
Bronce Australia Australia
Benita Johnson - Lisa Jane Weightman - Melissa Rollison - Anna Thompson
84

Júnior masculino[editar | editar a fonte]

Medalla Atleta Tempo
Ouro Ibrahim Jeilan Etiopía Etiopía 22'38"
Prata Ayele Abshero Etiopía Etiopía 22'40"
Bronce Lucas Rotich Quenia Kenya 22'42"

Por equipos[editar | editar a fonte]

Medalla País Puntos
Ouro Kenya Quenia 21
Prata Flag of Ethiopia.svg Etiopía 28
Bronce Flag of Uganda.svg Uganda 37

Júnior feminino[editar | editar a fonte]

Medalla Atleta Tempo
Ouro Genzebe Dibaba Etiopía Etiopía 19'59"
Prata Irine Cheptai Quenia Kenya 20'04"
Bronce Emebt Etea Etiopía Etiopía 20'06"

Por equipos[editar | editar a fonte]

Medalla País Puntos
Ouro Kenya Quenia 16
Prata Flag of Ethiopia.svg Etiopía 20
Bronce Flag of Japan.svg Xapón 57

Participación galega[editar | editar a fonte]

Nestes campionatos participaron dúas atletas galegas, Sandra Mosquera e Paula Mayobre, as dúas en categoría júnior e as dúas representando a España. A viguesa Mosquera quedou no posto 37º, cun tempo de 21'37", mentres que a aresá Mayobre foi 52ª cun tempo de 22'27".