Pollock Halls
Pollock Halls | |
---|---|
Coordenadas | 55°56′22″N 3°10′11″O / 55.939347222222, -3.1697305555556 |
[ editar datos en Wikidata ] |
As Pollock Halls of Residence ou simplemente Pollock Halls cun complexo residencial da Universidade de Edimburgo, situado ao sueste do centro da cidade de Edimburgo (Escocia), nas proximidades do parque de Holyrood e do Asento de Arturo, unha característica montaña desa área da cidade.
Localización
[editar | editar a fonte]A residencia universitaria está situada ao sueste da cidade, a aproximadamente dous km do centro, ao lado da principal piscina da cidade, ao pé da estrada de Dalkeith (Dalkeith Road), que leva cara a Newcastle. Nas inmediacións da residencia atópase o parque de Holyrood, o pulmón máis importante da cidade, e dentro del o Asento de Arturo, o monte máis importante de Edimburgo e unha das principais atractivos turísticos e de lecer da capital escocesa.
Historia
[editar | editar a fonte]O recinto incorpora dous grandes pazos do século XIX, o edificio de St. Leonard e o Salisbury Green. O primeiro, que foi hospital da Cruz Vermella durante a primeira guerra mundial, escola feminina a partir de 1925, e instalacións de uso militar na segunda guerra mundial, ten agora usos administrativos. O segundo, iniciado en 1780, foi practicamente reconstruído durante o XIX e na actualidade funciona como hotel
Todo o conxunto era propiedade de Donald Pollock, reitor da universidade, que llo regalou á institución ao remate do conflito armado e esta construíu a súa principal residencia, que leva o nome do doador.
A partir dos anos sesenta comézase a construción e urbanización de todo o amplo territorio, que non se interrompeu ata os nosos días. Na actualidade as Pollock Halls teñen doce edificios, destinados a maior parte deles a hospedaxe de 1.900 universitarios, e que levan o nome de distintos reitores e homes de prol da universidade.
En 1970 a Pollock Hall acolleu os deportistas participantes nos Xogos da Commonwealth que se celebraron en Edimburgo. En 2008, a residencia volveu ser a sede dos mundiais de cross.
Pegada cultural
[editar | editar a fonte]Crese que a escola feminina de St. Trinnean's, que funcionou nas Pollock Halls entre 1925 e 1939, foi o modelo de colexio para rapazas que usou Ronald Searle nas súas novelas.