Saltar ao contido

Basílica de San Marcos

Basílica de San Marcos
Venecia-Murano-Burano Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Imaxe
 Nome orixinal
Basilica di San Marco (it) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
 Representado por
 Estilo
 Relixión
Implicados
 Arquitecto/a
 Dedicado a
Organizacións
 Diocese
Datas
 Fundación / creación
828 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Anchura62,5 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude76,5 m Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Rúa
 Coordenadas
Recoñecemento
 Premios e distincións
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data1987 (11ª Sesión)
Identificadores
VIAF168148197 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000122226906 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01d_55 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

A basílica de San Marcos é a máis famosa das igrexas de Venecia e un dos exemplos máis coñecidos de arquitectura bizantina. Situada na praza de San Marcos e conectada co palacio do Dogo, é a sé do patriarcado de Venecia, nome do arcebispado de Venecia desde 1807.

A súa construción iniciouse en 828 para gardar o corpo de San Marcos, traído desde Alexandría. Destruída polo lume nun motín no 975, reconstruíuse no século XI por arquitectos e obreiros de Constantinopla. As obras iniciáronse probablemente en 1063, e o novo templo foi consagrado dez anos despois. Foi modificada nos séculos XIII, XV e XVII.

Arquitectura

[editar | editar a fonte]

A igrexa presenta unha planta de cruz grega, baseada nos exemplos de basílica de Santa Sofía e da basílica dos Apóstolos, ambas en Constantinopla. Posúe un coro elevado por riba da cripta. A planta do interior consiste en tres naves lonxitudinais e tres transversais. Un baldaquino cobre o altar principal, con columnas decoradas con relevos do século XI. O retablo é a famosa Pala d'Oro - un traballo feito en metal bizantino de 1105. Por tras do altar principal hai un segundo altar con columnas de alabastro. Os cercados do coro, enriba dos que hai tres relevos de Sansovino, mostran unha obra de marquetería de Fra Sebastiano Schiavone. Os dous púlpitos de mármore da nave están decorados con estatuíñas dos irmáns Massegne (1394).