Saltar ao contido

Vía da Prata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Camiño da Prata»)
Modelo:Xeografía físicaVía da Prata
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaprovincia de León, España, provincia de Zamora, España, provincia de Salamanca, España, Provincia de Cáceres, España e Provincia de Badaxoz, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónEmerita Augusta Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaGallaecia, Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónAsturica Augusta Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°05′17″N 5°42′13″O / 41.0881, -5.7036
Características
Ben de interese cultural
Data3 de xuño de 1931
IdentificadorRI-55-0000036

A Vía da Prata ou vía mozárabe é unha ruta cultural e histórica de orixe incerta que unía Mérida, capital da Lusitania, con Astorga, capital da Gallaecia ástur. Actualmente [cando?] promocionouse unha ruta turística que arrinca de Sevilla e chega ata Xixón.

Un gamallo desta ruta constitúe, cara á actual Galicia, unha das rutas do camiño de Santiago, recoñecida oficialmente pero pendente de delimitación. Desde Chaves entra en Galicia cara a Verín. En Monterrei divídese, cun camiño cara a Xinzo de Limia e outro cara a Laza, para se xuntaren despois de novo.

Do seu interese cultural fala a presenza no seu traxecto de cidades Patrimonio da Humanidade, como Salamanca ou Zamora.

Terminoloxía

[editar | editar a fonte]

Vía da prata

[editar | editar a fonte]

Malia o seu nome, non se asocia directamente coa explotación ou comercio da prata durante a súa orixe. O termo procede do árabe "Bal’latta", que significa "camiño empedrado". Esta designación foi utilizada polos musulmáns para referirse a unha ampla e sólida vía romana que unía as cidades de Augusta Emerita (Mérida) e Asturica Augusta (Astorga), facendo uso de camiños preexistentes. A pesar de que a súa orixe etimolóxica non está relacionada co metal, acabou tendo un papel importante no transporte de prata americana durante a época colonial.[1]

Camiño mozárabe

[editar | editar a fonte]

Aínda que unha das vías de peregrinación dos mozárabes coincide coa ruta de peregrinación a Santiago, hai outra que vai de Málaga a Compostela que recibe o mesmo nome.[2]

  1. "Via-da-prata". www.caminodesantiago.gal/. Consultado o 17 de outubro de 2024. 
  2. "Caminho de Santiago na Península Ibérica". Google Arts & Culture (en portugués). Consultado o 2024-10-17. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]