Pilro canelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Calidris subruficollis»)
Pilro canelo
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Calidris (disputado)
Especie: Calidris subruficollis
(Vieillot, 1819)
Área de distribución de C. subruficollis
Área de distribución de C. subruficollis

Área de distribución de C. subruficollis
Sinonimia

Tryngites subruficollis

O pilro canelo (Calidris subruficollis ou Tryngites subruficollis) é unha pequena ave limícola. O seu nome específico subruficollis procede do latín sub, 'preto de', rufus, 'rubio', e collum, 'pescozo'.[2]

Descrición[editar | editar a fonte]

Esta especie é marrón pola parte superior e ten unha face e partes inferiores de cor beixe en todas as plumaxes. Ten un peteiro curto e patas amarelas. Os machos son maiores que as femias. Os individuos novos lembran os adultos, pero poden ser máis claros nas partes inferiores.

Medidas estándar[3][4]
Lonxitude 190–230 mm
Peso 63 g
Envergadura alar 460 mm
Á 128,2-138,7 mm
Cola 56,8-61,4 mm
Culmen 19,9-21,3 mm
Tarso 31,8–34 mm

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

esquerd

O pilro canelo reprodúcese na tundra ártica de Norteamérica e é unha ave migradora de longas distancias, que pasa a estación non reprodutora principalmente en Suramérica, especialmente na Arxentina.

Migra principalmente a través da parte central de Norteamérica e é pouco común nas costas. Aparece como ave errante regular en Europa occidental, e non é un paxaro raro en Gran Bretaña ou Irlanda, onde se poden formar pequenas bandadas. Só o pilro peitoral é un visitante americano máis común en Europa.

Esta especie aniña no norte do Canadá e Alasca[5] no chan, e pon catro ovos. O macho fai unha exhibición de cortexo que inclúe erguer as ás para mostrar as partes brancas inferiores, que tamén fai na migración, ás veces mesmo cando ningún outro pilro canelo está presente. Fóra da estación reprodutora, esta ave encóntrase normalmente en hábitats con herba curta aeródromos e camps de golf, en vez de preto da auga.

Estas aves peteiran a comida que atopan usando a vista, e comen principalmente insectos e outros invertebrados. Sábese que comen o abesouro Bombus polaris, típico do círulo polar ártico.[6] Comen tamén abellas ou alimentan con elas as crías.[6] Adoitan ser moi mansos.

Os pilros canelos sospéitase que se hibridan cos pilros de Bonaparte e de Baird.

No sur de Asia, Australia e Suráfrica[editar | editar a fonte]

Esta especie foi vista no sur de Asia polo menos en tres ocasións. Crese que estas aves en vez de chegaren á Arxentina foron desviadas polos ventos e acabaron no sur de Asia.[7] Tamén foi rexistrada en Australia en polomenos oito ocasións.[8] En 2001 un só destes paxaros foi visto en Marievale, Suráfrica.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Calidris subruficollis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 372, 391. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  3. Godfrey, W. Earl (1966). The Birds of Canada. Ottawa: National Museum of Canada. p. 161. 
  4. Sibley, David Allen (2000). The Sibley Guide to Birds. New York: Knopf. p. 192. ISBN 0-679-45122-6. 
  5. Attenborough, D. 1998. The Life of Birds. p.206 - 208. BBC. ISBN 0563-38792-0
  6. 6,0 6,1 Statman-Weil, Zoe; Wojcik, Vicki. "The Arctic Bumblebee". www.fs.fed.us. USDA. Consultado o 6 November 2015. 
  7. Thomas, Jayan (26 November 2011). "North American Sandpiper in Kerala". migrantwatch.in. 
  8. "Decisions reached by BARC (The BirdLife Australia Rarities Committee)". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 14 de agosto de 2018. 
  9. Rajeevan, P. C.; Thomas, Jayan. "Buff-breasted Sandpiper Tryngites subruficollis from northern Kerala : a third record for India" (PDF). Indian Birds. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]