Saltar ao contido

Almibre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Caldo de azucre»)
Cazolo de xarope utilizado para preparar stroopwafels.

O almibre[1] (do árabe al-maiba, un xarope a base de marmelo) ou caldo de azucre[2] é un líquido denso que se obtén da cocedura de azucre en auga[3]. Cando se lle engade un zume de froitas, herbas etc. adoita tomar o nome de xarope.

Características

[editar | editar a fonte]

A consistencia, que vai desde un líquido apenas viscoso a un caramelo duro e crebadizo, depende da saturación de azucre na auga e do tempo de coza. O almibre emprégase en conservas de froitas, para cubrir biscoitos e filloas, para elaborar distintos tipos de caramelos e ademais forma a base dalgunhas sobremesas, como o touciño do ceo, os sorbetes, os fondants e o merengue italiano.

Está moi relacionado co termo xarope, que adoita conter ademais da auga e o azucre aromas de froitas e plantas, como no caso do xarope de pradairo.

Hai tres métodos para determinar a consistencia do azucre:

  1. a clásica, que consiste en someter a mestura a probas mecánicas: se fai febras ou bólas etc.;
  2. a de densidade, utilizando un sacarímetro;
  3. a de temperatura, utilizando un termómetro especial que teña finamente gradada a zona de 100 a 200 °C.

En función destes tres parámetros danse:

Tipos de almibre
Clásico Densidade Temperatura Proba Uso
Xarope 18-20º 100 °C Forma película na escumadeira
Febra ou Fío frouxo 29º 103 °C Forma febras se se arrefría e estira Conservas de froita
Perla ou Fío forte 33-35º 105-110 °C Fondants e glaseados
Bóla frouxa 37º 110-115 °C Forma bóla mol entre os dedos Fondants e caramelos brandos
Bóla dura 38º 116-119 °C Forma bóla dura entre os dedos Caramelos duros
Cristalizado ou Lámina 39º 122-126 °C A bóla pégase aos dentes Froita cristalizada
Crebadizo 41° 129-132 °C A bóla non se pega aos dentes Toffees
Caramelo >40º 150-180 °C Deixando caer unha pinga no mármore queda dura
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para almibre.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caldo de azucre.
  3. Definición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia, Real Academia Galega

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]