Caerdroia
Unha caerdroia é un labirinto de céspede galés, xeralmente co deseño do labirinto cretense. Foron creados por pastores nos montes e, ao parecer, foron escenario de danzas rituais, cuxa natureza se perdeu. No centro de cada caerdroia había un pequeno outeiro, en galés, twmpath. Unha reunión de baile popular en Gales aínda se chama twmpath dawns. É un labirinto típico galés pero hai un exemplar en Italia de Petrella Tifernina descuberto polo historiador Mario Ziccardi. Este exemplar é polo de agora o único da zona mediterránea.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Caerdroea ou Caer Droea é unha palabra galesa que significa "labirinto". Tamén significa "Troia, ou muros de Troia".[1] [2] As variacións inclúen Caer Droia e Caerdroia, sendo esta última a grafía xeralmente usada na actualidade.
Debido á semellanza entre o galés troeau (forma plural de tro 'xiro') e o segundo elemento Troea ('Troia'), o nome foi máis tarde interpretado popularmente como 'fortaleza dos xiros' (caer = 'fortaleza').
Moitos labirintos de céspede en Inglaterra foron chamados Troy Town ou The Walls of Troy (ou variacións sobre ese tema) presumibelmente porque, na lenda popular, os muros da cidade de Troia foron construídos dun xeito tan confuso e complexo que calquera inimigo que entrase neles sería incapaz de atopar a súa saída.
Bosque de Gwydir
[editar | editar a fonte]Hai unha Caerdroia no bosque de Gwydir, sobre o val de Conwy, Gales. É un labirinto forestal permanente, construído en 2005 polo Teatro Cynefin, Golygfa Gwydyr (unha empresa social con sede en Llanrwst) e mozos locais. Os camiños miden unha milla de lonxitude, polo que é posiblemente o maior labirinto deste tipo do mundo.[3] O Caerdroia foi escenario de varias actuacións, inicialmente de Theatr Cynefin, e desde 2012 de Theatr Dan-y-Coed.[4] Desde a súa creación e construción nun lugar herboso en Pen-y-Parc, unha das partes máis altas do bosque, as coníferas baixas entre os camiños creceron considerablemente e agora é parte integrante do bosque.
Enlace mítico
[editar | editar a fonte]Hai outra conexión débil entre Gales e Troia que foi desmentida polos historiadores pero que segue sendo un mito resistente. Geoffrey de Monmouth, seguindo ao primeiro historiador galés Nenius, creou unha xenealoxía cristiá/clásica que sitúa a Brutus de Troia, neto de Eneas e libertador dos troianos escravos, como fundador de Gran Bretaña. Este Brutus é xeralmente considerado un personaxe de ficción medieval.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Geiriadur Prifysgol Cymru". geiriadur.ac.uk. Consultado o 2023-03-12.
- ↑ "Geiriadur yr Academi". The Welsh Academy English-Welsh Dictionary Online (en galés). Consultado o 2023-03-12.
- ↑ "About the Caerdroia Labyrinth". www.golygfagwydyr.org; Golygfa Gwydyr. Consultado o 2023-03-12.
- ↑ "Theatr-Dan-Y-Coed". www.golygfagwydyr.org; forest-labyrinth.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Labirinto celta
- Labirintos de pedra na Illa Bolshoi Zayatsky
- Petróglifos de Mogor
- Petróglifo
- Troy Town
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Adrian Fisher & Georg Gerster, The Art of the Maze, Weidenfeld & Nicolson (1990) ISBN 0-297-83027-9
- Jeff Saward, Magical Paths, Mitchell Beazley (2002) ISBN 1-84000-573-4
- Janet & Colin Bord, Mysterious Britain, Paladin Granada (1974) ISBN 0-586-08157-7
- Kermann Kern, Labyrinthe: Erscheinungsformen und Deutungen: 5000 Jahre Gegenwart eines Urbilds (edición alemá), (1981) ISBN 978-3791306148
- Mario Ziccardi, "The Labyrinth Graffito at Petrella Tifernina, Italy", en, Caerdroia, The Journal of Mazes&Labyrinths n°44, p.57 (2015)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- WH Matthews, Mazes and Labyrinths (1922) versión en liña do libro clásico de WH Matthew
- Sitio web de Labyrinthos Jeff Saward
- Sociedade Labirinto
- O Portal Megalítico
- Localizador de labirintos (Veriditas & Labyrinth Society) Arquivado 12 de decembro de 2005 en Wayback Machine.
- Sitio de labirinto ben ilustrado (en alemán) Arquivado 12 de marzo de 2023 en Wayback Machine.