Limoges CSP

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "CSP Limoges")
Limoges CSP
Logo CSP Limoges 1929.svg
Información xeral
Liga Pro A / Euroliga
Fundación 1929
Cores                Verde, branco, ouro
Presidente Francia Frédéric Forte
Adestrador Francia Philippe Hervé
Patrocinador Intermarché
Vestimenta Adidas
Localización
Cidade Francia Limoges, Francia
Pavillón Palais des Sports de Beaublanc
Capacidade 5.516
Inauguración 1981
Campionatos
Euroliga 1 (1993)
Recopa 1 (1988)
Copa Korać 3 (1982, 1983, 2000)
Liga 11 (1983−1985, 1988−1990, 1993−1994, 2000, 2014−2015)
Copa 6 (1982−1983, 1985, 1994−1995, 2000)
Supercopa 1 (2012)
limogescsp.com

O Limoges Cercle Saint-Pierre, comunmente coñecido como Limoges CSP, é un club de baloncesto profesional francés con sede na cidade de Limoges, Lemosín. O club foi fundado en 1929 e vivíu os seus mellores momentos nas décadas de 1980 e 1990, cando conquistou os máis importantes títulos de Francia en diversas ocasións, así como diversos títulos europeos, incluída a Euroliga conquistada en 1993. Actualmente compite na LNB Pro A, máxima categoría do baloncesto francés, e na Euroliga.

Historia[editar | editar a fonte]

O Limoges Cercle Saint-Pierre foi fundado en 1929, con todo, non comeza a ser un equipo exitoso até a década de 1980, cando en 1981 gaña o seu primeiro título importante: a Copa de Francia. A partir desta data o club comeza a gañar con asiduidade os títulos de campión de Liga e de Copa no seu país, alén de destacar en competicións europeas. De feito, foi o primeiro equipo galo en gañar o máximo título europeo en calquera deporte ao conseguir a Euroliga en 1993. Porén, o equipo xa gañara anos antes varios títulos continentais, como dúas Copas Korać, en 1982 en 1983, ambas ante o Šibenka Šibenik (90–84 e 94–86), e unha Recopa en 1988 ante o Joventut Badalona (96–89). Posteriormente, no ano 2000, gaña de novo a Korać, esta vez ante o Unicaja Málaga (80–58 e 51–60).

A nivel local, na temporada 1999–00 o Limoges conseguía gañar o seu noveno título de Liga, con todo, sería descendido ao final da temporada á LNB Pro B por problemas financieiros. O equipo só permanece un ano na segunda división, máis o seu retorno á máxima categoría sería breve, descendendo de novo en 2004. De feito, ao comeza a temporada 2004–05 o Limoges xogaba na NM1, a terceira categoría. Desde esa temporada o club tardaría seis anos en volver á elite, aparecendo fugazamente na primeira división en 2011 para volver a descender. Con todo, o club regresa á Por A ao ano seguinte volvendo ás súas vellas glorias o conseguir en 2014 o seu décimo título de liga tras vencer ao Strasbourg IG por 0–3 na final.[1]

Debido ao título de liga o club sería invitado para xogar a Euroliga 2014–15, no que sería o seu retorno a máxima competición europea tras dezasete anos de ausencia. Con todo, o retorno non sería destacábel, xa que o Limoges perdería 8 dos 10 partidos disputados, gañando unicamente ao Unics Kazan e ao Cedevita, antes de ser relegados á Eurocup, onde foi tamén rapidamente eliminado. No campionato local o club volve facerse co título de campión. Durante a fase regular o Limoges quedaría clasificado en terceiro lugar tras o JSF Nanterre e o Strasbourg, porén o club consegue chegar á final. Na final, o club do Lemosín vence de novo ao Strasbourg, esta vez por 1-3.

Uniformes[editar | editar a fonte]

Pavillón[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Palais des Sports de Beaublanc.

O Palacio de Deportes Beaublanc (en occitano: Bòsc Blanc) está situado no parque de deportes da cidade de Limoges. Foi construído en 1981 grazas a. Xavier Popelier e a Albert Chaminade. Desde aquela acolle os partidos como local do Limoges, alén de outros eventos deportivos como a Copa Davis ou partidos de baloncesto e balonmán femininos. Até a construción do Palais des Sports de Pau en 1991 era o pavillón de baloncesto máis grande do país.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Limoges CSP 2015−2016
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
B 3 Flag of the United States.svg Culpepper, Randy 70001830000000000001.83 m (6 ft 0 in) 700175000000000000075 kg (165 lb) Krasny Oktyabr (2015)
A 5 Polonia Wojciechowski, Mathieu 70002029999999999992.03 m (6 ft 8 in) 700190000000000000090 kg (198 lb) ESSM Le Portel (2015)
AP 6 Flag of the United States.svg Daniels, Will 70002029999999999992.03 m (6 ft 8 in) 7002104000000000000104 kg (229 lb) Mets de Guaynabo (2015)
E 8 Flag of the United States.svg Gattens, Matt 70001960000000000001.96 m (6 ft 5 in) 700195000000000000095 kg (209 lb) Ankara Kolejliler (2015)
B 9 Francia Westermann, Leo 70001980000000000001.98 m (6 ft 6 in) 700186000000000000086 kg (190 lb) FC Barcelona (2014)
E-A 11 Flag of the United States.svg Payne, Mark 70002029999999999992.03 m (6 ft 8 in) 7002104000000000000104 kg (229 lb) Châlons-Reims (2015)
AP 12 Francia Camara, Ousmane 70002020000000000002.02 m (6 ft 8 in) 7002102000000000000102 kg (225 lb) BCM Gravelines (2014)
P 14 Costa do Marfil Zerbo, Fréjus 70002090000000000002.09 m (6 ft 10 in) 7002125000000000000125 kg (276 lb) BCM Gravelines (2011)
A 16 Francia Boungou Colo, Nobel 70002020000000000002.02 m (6 ft 8 in) 700190000000000000090 kg (198 lb) Le Mans (2012)
P 24 Francia Traoré, Ali 70002080000000000002.08 m (6 ft 10 in) 7002113000000000000113 kg (249 lb) Strasbourg IG (2015)
Adestrador
  • Francia Philippe Hervé
Asistente(s)
  • Francia Jim Bilba
  • Francia Bertrand Parvaud



Lenda
  • (C) Capitán
  • (E) Xoga só na Euroliga
  • (ca) Procede da canteira
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 16-09-2015

Palmarés[editar | editar a fonte]

Os seareiros do Limoges celebrando o título de Liga de 2015.

Competicións europeas[editar | editar a fonte]

  • Euroliga
    • Campións (1): 1992-93
    • F4 3º posto (1): 1989-90
    • F4 4º posto (1): 1994-95
  • Copa Saporta
    • Campións (1): 1987-88
  • Copa Korać
    • Campións (3): 1981-82, 1982-83, 1999-00
    • Subcampións (1): 1986-87

Competicións domésticas[editar | editar a fonte]

  • Liga de Francia
    • Campións (11): 1982-83, 1983–84, 1984–85, 1987–88, 1988–89, 1989–90, 1992–93, 1993–94, 1999-00, 2013-14, 2014-15
  • Copa de Francia
    • Campións (6): 1981-82, 1982–83, 1984–85, 1993–94, 1994–95, 1999-00
  • Leaders Cup
    • Campións (2): 1987-88, 1989–90
  • Supercopa de Francia
    • Campións (1): 2012
  • Segunda Divisón de Francia
    • Campións (2): 2000-01, 2011–12

Non oficial[editar | editar a fonte]

Históricos[editar | editar a fonte]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Adestradores[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Basket: Limoges, retour d'un historique". Metronews.fr (en francés). 6 de xuño de 2014. Consultado o 16 de setembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]