Citidín monofosfato
| Citidín monofosfato | |
|---|---|
Outros nomes ácido 5'-citidílico | |
| Identificadores | |
| Número CAS | 63-37-6 |
| PubChem | 6131 |
| ChemSpider | 5901 |
| ChEBI | CHEBI:17361 |
| ChEMBL | CHEMBL307679 |
| Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
| Propiedades | |
| Fórmula molecular | C9H14N3O8P |
| Masa molecular | 323,20 g/mol |
| Acidez (pKa) | 0,8, 4,5, 6,3 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. | |
O citidín monofosfato, tamén chamado monofosfato de citidina ou ácido 5'-citidílico, abreviado como CMP, é un nucleótido que forma parte do ARN.[1] É un éster fosfórico do nucleósido citidina. Está formado por un azucre ribosa, que leva unida a base nitroxenada citosina enlazada por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' da ribosa e o nitróxeno en posición 1' da base, e un grupo fosfato esterificado no carbono 5' da ribosa. Cando está desprotonada denomínase citidilato e como substituínte desígnase co prefixo citidil-.
Metabolismo
[editar | editar a fonte]A principal función do CMP é a de ser un dos catro nucleótidos constituíntes do ARN, xunto co UMP, GMP e AMP. Chega ao lugar da transcrición do ARN en forma de CTP, pero alí este perde dous fosfatos en forma de pirofosfato e únese ao ARN en forma de CMP.
O CMP pode ser fosforilado a CDP polo encima CMP quinase, utilizando ATP ou GTP como doantes do grupo fosfato.
Como o CTP se xera por aminación do UTP,e o CTP orixina CMP, a principal fonte de CMP é a degradación do ARN.
O CMP utilízase como doante de azucres como os ácidos siálicos (na forma CMP-azucre) na síntese de glicoproteínas.[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pascal JM (2008). "DNA and RNA ligases: structural variations and shared mechanisms". Curr. Opin. Struct. Biol. 18 (1): 96–105. PMID 18262407. doi:10.1016/j.sbi.2007.12.008.
- ↑ Textbook of Biochemistry and Human Biology
