Burrhus Frederic Skinner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Burrhus Frederic Skinner
B.F. Skinner at Harvard circa 1950 (cropped).jpg
Nome completoBurrhus Frederic Skinner
Nacemento20 de marzo de 1904
Lugar de nacementoSusquehanna Depot
Falecemento18 de agosto de 1990
Lugar de falecementoCambridge
Causaleucemia
SoterradoMount Auburn Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Harvard e Hamilton College
Ocupaciónpsicólogo, filósofo, inventor, etólogo, autobiógrafo, profesor universitario e escritor
CónxuxeYvonne Blue
FillosJulie Vargas e Deborah Buzan
Coñecido porThe Behavior of Organisms e Beyond Freedom and Dignity
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, Howard Crosby Warren Medal, Humanist of the Year, APA Award for Distinguished Scientific Contributions to Psychology, Medalla Nacional de Ciencia, E. L. Thorndike Award, Career Contribution Award, Gold Medal Award, William James Fellow Award, APA Award for Outstanding Lifetime Contributions to Psychology, doctor honoris causa of Keiō University e Fellow of the Committee for Skeptical Inquiry
Na rede
Musicbrainz: ac9ef802-16af-4b15-9f34-f86110ece9d0 WikiTree: Skinner-2714 Find a Grave: 1405 Editar o valor em Wikidata
BF Skinner signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Burrhus Frederic Skinner, nado en Susquehanna (Pensilvania) o 20 de marzo de 1904 e finado en Cambridge (Massachusetts) o 18 de agosto de 1990, foi un psicólogo, pensador e polemista estadounidense, fundador do condutalismo ou behaviorismo radical. A súa obra mostra unha forte impregnación dos traballos de Ivan Pavlov e do primeiro behaviorista John Watson. Foi elixido polos seus pares como un dos psicólogos máis importantes do século XX, e tamén como un dos científicos máis influentes de todos os tempos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduado primeiramente en lingua e en literatura inglesa, posteriormente obtivo un doutoramento de psicoloxía en Harvard. Ensinou psicoloxía na universidade de Minnesota e logo na de Harvard. No 1938, despois de publicar dous traballos sobre dous tipos de condicionamento, dou a luz o artigo "The behaviour of organisms" (A conduta dos organismos) que é considerada a súa principal contribución á elaboración da teoría do condutalismo / behaviorismo.

Achegas[editar | editar a fonte]

A maior contribución teórica en psicoloxía é o concepto de condicionamento operante, que diferenciou do condicionamento clásico pavloviano, ou resposta, ou clásico. Desde esta perspectiva, os comportamentos son seleccionados polas súas consecuencias sobre o contorno. Unha clase de comportamento constitúe un operante se a probabilidade de aparición desas respostas é modulábel pola manipulación de variábeis de reforzo. Por exemplo, dirase que unha acción es condicionada de maneira operante cando a súa frecuencia acrecenta no comportamento dun organismo, de feito, consecuencias positivas para o organismo. No condicionamento clásico un estímulo entraña unha resposta; no condicionamento operante, refórzase unha resposta pola manipulación de continxencias. Esta noción permite integrar a espontaneidade do organismo no seo dun cadro explicativo mecanicista.

Skinner estaba convencido de que era posíbel aplicar as súas teorías para construír unha sociedade mellor. Para difundir esta idea escribiu a novela Walden 2, na que describía unha comunidade utópica que acadaba un elevado nivel de desenvolvemento social e persoal mercé a aplicación dos principios do condicionamento operante.

Obras[editar | editar a fonte]

  • The Behavior of Organisms: An Experimental Analysis, 1938.
  • Walden Two, 1948.
  • Science and Human Behavior, 1953.
  • Schedules of Reinforcement, con C. B. Ferster, 1957.
  • Verbal Behavior, 1957.
  • The Analysis of Behavior: A Program for Self Instruction, con James G. Holland, 1961.
  • The Technology of Teaching, 1968.
  • Contingencies of Reinforcement: A Theoretical Analysis, 1969.
  • Beyond Freedom and Dignity, 1971.
  • About Behaviorism, 1974.
  • Particulars of My Life: Part One of an Autobiography, 1976.
  • Reflections on Behaviorism and Society, 1978.
  • The Shaping of a Behaviorist: Part Two of an Autobiography, 1979.
  • Notebooks, edited by Robert Epstein, 1980.
  • Skinner for the Classroom, editado por R. Epstein, 1982.
  • Enjoy Old Age: A Program of Self-Management, con M. E. Vaughan, 1983.
  • A Matter of Consequences: Part Three of an Autobiography, 1983.
  • Upon Further Reflection, 1987.
  • Recent Issues in the Analysis of Behavior, 1989.
  • Cumulative Record: A Selection of Papers, 1959, 1961, 1972 e en 1999 como Cumulative Record: Definitive Edition. Este libro inclúe a reimpresión dun artigo de Skinner publicado en outubro de 1945 no "Ladies' Home Journal", "Baby in a Box," no que explica os malentendidos sobre se someteu a súa filla nun experimento dentro dunha das denominadas caixas de Skinner.