Burnley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 53°47′20″N 02°14′53″O / 53.78889, -2.24806

Casa consistorial.

Burnley é unha cidade na zona metropolitana de Burnley en Lancashire, Inglaterra, cunha poboación de ao redor de 73.500 habitantes. Atópase a 18 km ao leste de Blackburn e a 40 de Preston, na confluencia dos ríos Calder e Brun.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Os inicios da cidade remóntanse á época medieval como un período de pequena cidade, pero o seu principal período de expansión produciuse durante a Revolución industrial, cando se converteu no maior produtor mundial de tea de algodón. Hoxe en día, Burnley perdeu gran parte da súa industria, e é cada vez máis unha cidade dormitorio de Manchester, Leeds e do corredor da M65.[1] O sector público é agora o maior xerador de emprego da cidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lancashire County Council Arquivado 26 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés) (acceso o 4 de abril de 2013).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]