Saltar ao contido

Sapo común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bufo bufo»)
Sapo común
Bufo bufo
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Taxon homónimo
 Nome curto
B. bufo Editar o valor en Wikidata
 Nome común
Sapo común Editar o valor en Wikidata
 Combinación orixinal
 Sinonimia
Conservación
 Identificador UICN
Distribución
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAmphibia
OrdeAnura
FamiliaBufonidae
XéneroBufo
EspecieB. bufo
Identificadores
Freebase/m/03vdw3 Editar o valor en Wikidata
MeSHD002023 Editar o valor en Wikidata
UNIIDP1U601YQS Editar o valor en Wikidata
ITIS173480 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O sapo común[1][2] (Bufo bufo) é un anuro moi habitual en toda clase de hábitats europeos, sobre todo naqueles con certo grao de contaminación, como balsas de rega, estanques etc. Distribúese por toda Europa agás Irlanda e algunhas illas mediterráneas. É un dos anuros máis coñecidos, dada a súa distribución e requirimentos ecolóxicos laxos.

Un feito curioso que poucos coñecen é a capacidade dos sapos de atraer presas movendo un dos dedos das súas patas traseiras coma se dunha miñoca se tratase.

[editar | editar a fonte]

Crese que o sapo é un animal pezoñento e que a mucosidade da súa pel, o seu cuspe e mesmo os ouriños son tóxicos para quen os toque. Dise que ese mexo pode cegar a quen o recibe ou provocarlle bochas na pel (mal do coxo ou mal do goxo).

Tamén é quen de botar un mal de aire denominado especificamente mal de sapo. O Domingo de Ramos era tradición bendici-las leiras cunha póla de oliveira e auga bendita, para expulsa-los posibles seres maléficos:

Sapos e ratos,/ bruxas e meigas,/ fóra das miñas veigas.

Pero tamén entran na terapéutica popular, e así pretendíase cura-la reuma refregando cun sapo a articulación dorida. Colgando do pescozo dunha parturiente unha bulsa con dous sapos vivos, evitábanse as hemorraxias tralo parto. Para cura-las anxinas a un rapaz era bo colocarlle na gorxa un sapo aberto.

Segundo un poema de Lamas Carvajal,[3] os ollos dun sapo formaban parte do remedio para curar o tangaraño dos nenos, que non é outra cousa que o raquitismo:

A nai unha bulsa/ colgoulle ô pescozo con escapularios,/ medallas e figas,/ a pel d'unha cobra y-os ollos d'un sapo.
  1. Vocabulario forestal, páx. 191, Servizo de Normalización Lingüística, Universidade de Santiago de Compostela, 2012
  2. Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" Arquivado 27 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Cadernos de Lingua, 13, páx. 84. Real Academia Galega.
  3. "O tangaraño", en Escolma de poesías, publicacións da Real Academia Galega, A Cruña 1972, 57-58.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.