Budva
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Montenegro | |||
| Concello | Budva (município) (pt) | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 13.338 (2011) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 122 km² | |||
| Altitude | 3 m | |||
| Santo padrón | Xoán o Bautista | |||
| Organización política | ||||
| Membro de | ||||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 85310 | |||
| Fuso horario | ||||
| Outro | ||||
| Irmandado con | Sanremo Celje West Palm Beach Lugo Velika Plana (pt) Ohrid (1984–) Novi Sad (1996–) Banská Bystrica (2001–) Yalova (2012–) Bijeljina (2018–) | |||
| Sitio web | budva.me | |||
Budva é unha cidade da costa de Montenegro, con cerca de 10.918 habitantes. É a capital do concello homónimo.
Budva está situada á beira do mar Adriático, nunha zona de gran densidade turística, coñecida como a "Riviera de Budva" (Budvanska rivijera). É famosa polas súas praias areosas, clima agradábel e viva vida nocturna. Ao tempo é unha localidade con rico patrimonio histórico.
Xeografía
[editar | editar a fonte]
A cidade está sita no sur da costa montenegrina, colocada nunha pequena península na parte setentrional dunha pequena baía (Baía de Budva), que cerra enfronte a localidade de Sveti Stefan. Na mesma baía érguese a illa de San Nicolao (Sveri Nikola), dita popularmente Havaj (Hawai), que é a maior das costas de Montenegro. Ao contar con dúas excelentes praias de area, Mogren e Becici, o que non adoita ser corrente nas costas adriáticas, impulsaron a demanda turística de Budva, que ademais está sita a curta distancia de importantes localidades históricas, aínda que non sempre as estradas son as axeitada. Budva dista 26 km de Kotor, outro importante centro turístico, uns 30 km de Cetinje, a antiga capital de Montenegro, e 123 de Dubrovnik (Croacia). O lago de Skutari, o maior dos Balcáns está a uns 38 km, como tamén a fronteira con Albania.
Patrimonio monumental
[editar | editar a fonte]As vellas rúas da Cidade Vella mostran o influxo da arquitectura veneciana nos seus elementos construtivos e ornamentais. Entre os monumentos máis salientes cómpre sinalar:
- Catedral de San Xoán (Sveti Ivan krstiteli), católica, que remonta ao século VII.
- Santa María da Punta, católica, igrexa fundada no século VIII.
- Igrexa da Santísima Trindade, ortodoxa, que data de 1804.
- Cidadela veneciana.
- A 5 km o antigo pazo real da antiga monarquía iugoslava.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Budva |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
