Brian Houghton Hodgson
Brian Houghton Hodgson | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1 de febreiro de 1800 |
Lugar de nacemento | Prestbury, Cheshire |
Falecemento | 23 de maio de 1894 |
Lugar de falecemento | Londres |
Soterrado | Alderley |
Nacionalidade | británica |
Alma máter | Haileybury and Imperial Service College |
Ocupación | naturalista e etnólogo |
Premios | Membro da Royal Society |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Brian Houghton Hodgson, nado o 1 de febreiro de 1800 en Prestbury, Cheshire, e finado o 23 de maio de 1894 en Londres,[1] foi un naturalista e etnólogo que traballou na India Británica, onde foi funcionario público.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Hodgson naceu en Prestbury, Cheshire. Á idade de dezasete anos viaxou á India como escritor da British East India Company.
Foi enviado a Katmandú no Nepal como Comisionado Asistente en 1819, converténdose en Residente (cargo equivalemnte a gobernador) británico en 1833.
Estudou aos nativos do Nepal, producindo un gran número de escritos sobre a súa lingua, literatura e relixión.
Moi interesado polas ciencias naturais, Hodgon estudou todos os aspectos da historia natural do Nepal, Sikkim e Bengala. Reuniu unha gran colección de aves e mamíferos disecados que finalmente doou ao British Museum.
Describiu novas especies de antílopes, dos que algúns foron chamados no seu honor, como o antílope tibetano Pantholops hodgsonii. Tamén descubriu 39 especies de mamíferos e 124 especies de aves que non foran descritas previamente, e 79 delas foron descritas por el, como, por exemplo, a perdiz tibetana (Perdix hodgsoniae).
Obras destacadas[editar | editar a fonte]
- Miscellaneous Essays relating to Indian Subjects. Trübner, Londres 1880
- Essays on the languages, literature, and religion of Nepál and Tibet. Trübner, Londres 1874
- Comparative vocabulary of the languages of the broken tribes of Népál. Calcuta 1859
- Papers relative to the colonization, commerce, physical geography, &c. ... Calcuta 1857
- Route of two Nepalese Embassies to Pekin with remarks on the water-shed and plateau of Tibet. Hodgson, Darjeeling 1856
- Route from Kathmandu, the capital of Nepal, to Darjeeling in Sikim, interspersed with remarks on the people and country. Calcuta 1848
- Essay the first. Thomas, Calcuta 1847
- Preeminence of the vernaculars. Serampore 1847
- Catalogue of Nipalese birds between 1824 and 1844. Calcuta 1844
- Illustrations of the literature and religion of the Buddhists. Serampore, 1841
Abreviatura[editar | editar a fonte]
A abreviatura Hodgson emprégase para recoñecer a Brian Houghton Hodgson como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 28 de maio de 1894 de acordo con M. A. Smith, en Fauna of British India publicada en 1941.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Brian Houghton Hodgson ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Brian Houghton Hodgson |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Cocker, M. & Inskipp, C. (1988): A Himalayan ornithologist: The life and work of Brian Houghton Hodgson. Oxord, UK: Oxford University Press. ISBN 0-1985-7619-6.
- Hunter, W. W. (1896): Life of Brian Houghton Hodgson. Londres: John Murray. 390 pp. Libro escaneado.
- Lydekker, R. (1902): "Some famous Anglo-Indian naturalists of the nineteenth century". Indian Review 3: 221-226.
- Mearns, Barbara e Richard Mearns (1998): Biographies for Birdwatchers: The Lives of Those Commemorated in Western Palearctic Bird Names. Londres e San Diego: Academic Press. ISBN 0-1248-7422-3.
- Smith, M. A. (1941): Fauna of British India, Ceylon ahn Burma. Reptilia and Amphibia..