Saltar ao contido

Col

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Brassica oleracea»)
Col

Plantas de col brava ou col de pena
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Dilleniidae
Orde: Brassicales
Familia: Brassicaceae
Xénero: Brassica
Especie: B. oleracea
Nome binomial
Brassica oleracea
L.,Sp. Pl., vol. 2, p. 667.

1753 [1]

A col, coella ou coia[1] é un termo botánico xeral que se refire a distintas variedades cultivadas a partir da especie Brassica oleracea (col brava ou col de pena). Son plantas do xénero Brassica pertencentes á familia das brasicáceas. Teñen grande importancia na alimentación, e moita na gastronomía galega, xa que hortícolas coma o repolo, as verzas, o brócoli, as coles de Bruxelas ou a coliflor son variedades desta mesma especie.

A col tamén recibe nalgunhas zonas os nomes de coube e coubella.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

A col brava é nativa da costa do sur e do oeste de Europa. Ten o seu cultivo unha tolerancia boa aos solos con alto contido de sal e xeso mais posúe unha intolerancia a outros contornos que a fan competir con outras plantas en inferiores condicións. Por esta razón o seu hábitat se reduce a solos de calcaria en cantís.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A Brassica oleracea é unha planta bienal que forma unha especie de roseta de follas durante o primeiro ano de cultivo, as follas desta variedade son sempre carnosas e teñen proteínas capaces de lles facer almacenar auga e nutrientes. No seu segundo ano, os almacéns de nutrientes fan que se forme unha inflorescencia amarela dun ou dous metros de altura.

Cultivo e usos

[editar | editar a fonte]

Esta variedade foi cultivada durante centos de anos, e nun amplo abano de cultivos incluso repolo, verza, brócoli, coliflor e outras plantas recoñecíbeis dentro da mesma especie. Trátase dunha das plantas máis importantes para ser empregadas coma alimento humano. De acordo coa teoría do Triángulo da U, a B. oleracea está moi relacionada con outras cinco especies do xénero Brassica. Os grupos de cultivo de B. oleracea están agrupados en sete grupos de cultivo, dos cales o grupo da Acephala ten as variedades máis salvaxes ou bravas en aparencia:

Cómpre mencionar tamén o Brassicoraphanus ou Raphanobrassica, xénero híbrido entre o ravo e o repolo.

Algúns (en especial col de Bruxelas e brócoli) conteñen altos niveis de sinigrina que axudaría a previr o cancro de duodeno.

Diversos cultivos de Brassica oleracea, que inclúen a col de follas ou col verde, a col de Bruxelas, a col de Savoia e maila col verde chinesa.

Pragas e enfermidades

[editar | editar a fonte]

Etnografía

[editar | editar a fonte]
  • As coles de San Antoniño manteñen ao dono e ao veciño.
  • Coles e nabos, pra nunha son entrambos [5].
  • Dálle coles por San Xoán a quen queiras de fame matar.
  • Entre col e col, leituga.
  • Nabos e coles, comer de señores.
  • O que quer a col, quer as follas do seu arredor.
  • Regoldádevos, coles, que andan os nabos cocendo no pote [6].

Sinonimia

[editar | editar a fonte]
  • Brassica alba Boiss. nom. illeg.
  • Brassica alboglabra L.H.Bailey
  • Brassica arborea Steud.
  • Brassica bullata Pasq.
  • Brassica campestris subsp. sylvestris (L.) Janch.
  • Brassica capitala DC. ex H.Lév.
  • Brassica cauliflora Garsault nom. invalid.
  • Brassica caulorapa (DC.) Pasq.
  • Brassica cephala DC. ex H.Lév.
  • Brassica fimbriata Steud.
  • Brassica gemmifera H.Lév.
  • Brassica laciniata Steud.
  • Brassica maritima Tardent
  • Brassica millecapitata H.Lév.
  • Brassica muscovita Steud. nom. invalid.
  • Brassica odorata Schrank ex Steud. nom. invalid.
  • Brassica peregrina Steud. nom. invalid.
  • Brassica quercifolia DC. ex H.Lév.
  • Brassica rubra Steud.
  • Brassica sabauda (L.) Lizg.
  • Brassica sabellica Pers. nom. invalid.
  • Brassica suttoniana H.Lév.
  • Brassica sylvestris (L.) Mill.
  • Crucifera brassicaE.H.L.Krause
  • ?Rapa rotunda Mill. Unresolved
  • Raphanus brassica Crantz nom. illeg.

Ademais, todos os innumerábeis táxones infraespecíficos descritos son meros sinónimos da especie [7].

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para col.
  2. Nome vulgar en galego en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988.
  3. Nome vulgar en galego en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988
  4. Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, 1991
  5. Para nunha (familia, comida, grupo, cousa) son ... É dicir son comida do mesmo tipo, son compatibles, casan ben. Pardo Bazán (Los pazos de Ulloa, 1886) utilizou esta expresión: " Las familias no podían ser mejores ni más para en una; las clases, iguales...". O refrán tamén corre en castelán: Coles y nabos para en una son entreambos.
  6. Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo
  7. Brassica en The Plant List

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]