Herba dos pitos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bonetes»)

A herba dos pitos, Aquilegia vulgaris, é unha especie de plantas do xénero Aquilegia, familia Ranunculaceae, nativa das zonas tépedas de Europa e Asia. Outros nomes comúns son paxariños e bonetes.[8]

Ilustración.
Detalle da folla.
No seu hábitat.
Aquilegia vulgaris.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha planta herbácea perenne que alcanza 1,2 m de altura, talos delgados e con lanuxe, e follas de cor verde escuro, as basais grandes e pecioladas, diminuíndo o seu tamaño ao longo do talo, as superiores son trilobuladas. Talo floral erecto de 3-6 cm con varias flores que xorden agrupadas de cor azul violeta, ás veces brancas que caen flacidamente.

Historia[editar | editar a fonte]

De aquelegus, que toma auga, ou de aquila, polo aspecto das flores. Antigamente as sementes empregáronse para facer perfumes afrodisíacos e dise que as cortesás as mastigaban para exercer mellor o seu oficio, as vestais romanas (virxes consagradas) tiñan prohibido o contacto con esta planta. Foi cultivada nos xardíns medievais. A casa de Guisa, na Francia renacentista, fixo desta flor o seu escudo de armas.Os contrabandistas navarros usábana como amuleto cando ían cruzar a fronteira.

Esta especie foi descrita en Galicia en 1905 no primeiro tomo da Flora descriptiva é ilustrada de Galicia de Baltasar Merino.[9]

Toxicidade[editar | editar a fonte]

Aquilegia vulgaris é unha planta tóxica. Contén aquilegina, un glucósido que libera cianuro de hidróxeno ao hidrolizarse no tubo dixestivo, pola acción dun encima chamado β-glucosidasa.

O envelenamento produce síntomas temperáns similares ao envelenamento por acónito, formigueo na boca e na pel, seguidos de axitación, pulso débil, descoordinación, convulsións e morte. Aínda que a súa toxina non é tan potente como a aconitina, se non se actúa, a morte sobrevén por parálise cardíaca ou respiratoria. O tratamento é hospitalario, hai que provocar o vómito tan pronto como se sospeite intoxicación e pedir atención médica urxentemente.

As sementes, moídas e maceradas en aceite de oliva, póñense na cabeza para repeler os piollos.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Aquilegia vulgaris foi descrita por Carlos Linneo e publicada en Species Plantarum 1: 533. 1753.[10][11] A A. vulgaris:

Etimoloxía

Ver: Aquilegia

vulgaris: epíteto latino que significa "común, vulgar".[14]

Sinonimia[15]

NOTA: Os nomes que presentan ligazóns son sinónimos noutras especies:

  • Aquilegia alba Huftelen
  • Aquilegia aggericola Jord.
  • Aquilegia arbascensis Timb.-Lagr.
  • Aquilegia collina Jord.
  • Aquilegia cornuta Gilib.
  • Aquilegia cyclophylla
  • Aquilegia glaucophylla Steud.
  • Aquilegia longisepala Zimmeter
  • Aquilegia mollis Jeanb. & Timb.-Lagr.
  • Aquilegia nemoralis Jord.
  • Aquilegia platysepala Rchb.
  • Aquilegia praecox Jord.
  • Aquilegia ruscinonensis Jeanb. & Timb.-Lagr.
  • Aquilegia silvestris Neck.
  • Aquilegia speciosa
  • Aquilegia versicolor Salisb.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bailey, L.H. & E.Z. Bailey. 1976. Hortus Third i–xiv, 1–1290. MacMillan, Nova York.
  • Breedlove, D.E. 1986. Flora de Chiapas. Listaxes Floríst. México 4: i–v, 1–246.
  • Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., Nova York.
  • Flora of North America Editorial Committee, e. 1997. Magnoliidae and Hamamelidae. Fl. N. Amer. 3: i–xxiii, 1–590.
  • Gleason, H. A. 1968. The Choripetalous Dicotyledoneae. vol. 2. 655 pp. En H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (terceira edición). New York Botanical Garden, Nova York.
  • Gleason, H. A. & A.J. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (segunda edición) i–910. New York Botanical Garden, Bronx.
  • Jørgensen, P. M. & C. Ulloa Ulloa. 1994. Seed plants of the high Andes of Ecuador---A checklist. AAU Rep. 34: 1–443.
  • Jørgensen, P. M. & S. León-Yánez. (eds.) 1999. Cat. Vasc. Pl. Ecuador, Monogr. Syst. Bot. Miss. Bot. Gard. 75: i–viii, 1–1181. Missouri Botanical Garden, St. Louis.
  • Radford, A. E., H. E. Ahles & C. R. Bell. 1968. Man. Vasc. Fl. Carolinas i–lxi, 1–1183. University of North Carolina Press, Chapel Hill.
  • Scoggan, H. J. 1978. Dicotyledoneae (Saururaceae to Violaceae). 3: 547–1115. In Fl. Canada. National Museums of Canada, Ottawa.
  • Voss, E. G. 1985. Michigan Flora. Part II Dicots (Saururaceae-Cornaceae). Bull. Cranbrook Inst. Sci. 59. xix + 724.
  • Zuloaga, F. O., O. N. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107: 3 Vols., 3348 p. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]