Paxariños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os paxariños[1] ou arreitó,[2] Linaria triornithophora, é unha planta herbácea da familia das Plantaginaceae.

Outros nomes comúns en galego son: routó,[1] calzas de cuco,[3], arroitó, arroutó, galos, herba caralleira, meleiras, pantaloes de cuco, pantalois de cuco, paxariños azuis, reitó, esporas, gallos, linaria e liñaria.[4][5]

Descrición[editar | editar a fonte]

Endemismo ibérico facilmente diferenciable doutras linarias polas súas grandes flores (35-45 mm) violeta purpúreas, con veas marcadas e padal amarelo, e polo seu longo esporón, curvado e aguzado, máis longo que o resto da corola. As flores dispóñense en verticilos formando unha inflorescencia de até 10 cm. Os pedúnculos son máis longos que as brácteas; ten follas en verticilos de 3-4, aovadas ou aovado-lanceoladas, con 3 nervios, do mesmo xeito que o resto da planta, algo glaucas. As súas sementes son discoideas e aladas. Florece na primavera e verán.[6]

Sinonimia[editar | editar a fonte]

Os nomes a seguir considéranse sinónimos de Linaria triornithophora:[4]

  • Antirrhinum triornithophorum L.
  • Linaria lusitanica Mill.
  • Linaria triornithophora subsp. triornithophora (L.) Willd.
  • Linaria triornithophora var. debilis Merino.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Bosques e matogueiras en taludes ou claros sobre substrato acedo, en zonas iluminadas sobre areniscas, cuarcitas ou lousas. Medra dende o nivel do mar ata os 1.500 metros.[7]

Distribución[editar | editar a fonte]

Endemismo da Península Ibérica que pode atoparse en Galicia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Diccionario de sinónimos da lingua galega
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para arreitó.
  3. "OTVM da Universidade de Vigo". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2021. Consultado o 23 de marzo de 2021. 
  4. 4,0 4,1 "Base de datos Anthos. Facer a procura polo nome vernáculo "arreitó"". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2015. Consultado o 23 de marzo de 2021. 
  5. Flora ibérica. Nombres vernáculos del táxon Linaria triornithophora. Gallego(en castelán)
  6. Penas, A.; Diez J., Llamas F., Rodríguez M. (1991). Plantas Silvestres de Castela e León. Valladolid: Ed. Ámbito. ISBN 84-86770-40-8. 
  7. asturnatura.com "Linaria triornithophora (L.) Willd.". Asturnatura.com [en línea]. Num. 90, 17/09/06 [consultado o: 23/03/2021]. Dispoñible en <https://www.asturnatura.com/especie/linaria-triornithophora.html>. ISSN 1887-5068.