Blitz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Blitz
Parte de Segunda guerra mundial
Data 7 de setembro de 1940 - 10 de maio de 1941
Lugar n/d
Resultado Perda significativa de vidas e propiedades. Fracaso estratéxico alemán. Desperdicio de poder aéreo nazi con pouco impacto no esforzo de guerra británico.
Líderes
Winston Churchill
Hugh Dowding
Frederick Pile
Adolf Hitler
Hermann Göring
Baixas
43 000 civís mortos
139 000 civís feridos
1 023 cazas
376 bombardeiros
148 aeronaves de patrulla
1 042 tripulantes e aviadores mortos
2 265 avións
3 363 tripulantes e aviadores mortos

A Blitz ('relampo', en alemán) foi a campaña de bombardeos estratéxicos realizada na segunda guerra mundial pola Luftwaffe - a aviación alemá - contra o Reino Unido, entre o 7 de setembro de 1940 e o 10 de maio de 1941. O nome provén da contracción popular inglesa da palabra alemá Blitzkrieg ('guerra relampo').

Aínda que atinxise varias cidades en Inglaterra, comezou co bombardeo de Londres, que se seguiu por 57 noites consecutivas.[1] Ao final de 1941, máis de 43 000 civís, metade deles en Londres, foron vitimados polas bombas, e máis dun millón de casas destruídas ou damnificadas só na rexión londiniense.[2][3]

Londres non foi a única cidade a bombardeada pola Luftwaffe durante a Blitz. Outros centros militares e industriais importantes, como Belfast, Birmingham, Bristol, Cardiff, Coventry, Glasgow, Sheffield, Swansea, Liverpool, Hull, Manchester, Portsmouth, Plymouth e Southampton sufriron intensos ataques aéreos que provocaron un alto número de vítimas.

Os alemáns fracasaron completamente en atinxir o obxectivo da Blitz, que sería minar o moral do pobo británico e facilitar unha potencial invasión da Gran Bretaña. En maio de 1941, a ameaza da inminente invasión pasara, e Hitler redireccionou a súa atención para o leste da Europa. Aínda que os alemáns nunca máis conseguisen bombardear a Gran Bretaña en larga escala novamente, continuaron con ataques menores durante a guerra, elevando o número de vítimas civís para 51 509.

En 1944, o desenvolvemento das bombas voadoras V-1 e V-2 permitiron que a Alemaña, unha vez máis, atacase Londres: desta vez, con armas lanzadas a partir do continente europeo. No total, as armas V mataron 8 938 civís en Londres e no sueste.[4]

Preludio[editar | editar a fonte]

Artillaría antiaérea en Hyde Park, en Londres

Tras a Batalla de Francia, a Batalla da Gran Bretaña tivo inicio en xullo de 1940. De xullo a setembro, a Luftwaffe atacou frontalmente o escuadrón da Royal Air Force, esperando obter superioridade aérea antes da invasión. Parte da estratexia foi o bombardeo de pistas de pouso, destruíndo así a posibilidade do comando aéreo combater unha invasión. Ataques simultáneos a fábricas de aeronaves foron realizados para evitar que a Gran Bretaña repuxese as súas perdas.

Ao final de agosto de 1940, data comunmente asociada ao inicio da Blitz, a Luftwaffe atacou albos industriais en Birmingham e Liverpool. Tales ataques eran parte do aumento das incursións nocturnas, consecuencia do alto índice de baixas inflixidas en bombardeiros alemáns á luz do día.

Durante un ataque sorpresa en Thames Haven, en 24 de agosto, algunhas aeronaves alemás sobrevoaron Londres, lanzando bombas nas rexións leste e nordeste da cidade, en Bethnal Green, Hackney, Islington, Tottenham e Finchley. En vinganza, os británicos atacaron Berlín na noite seguinte, bombardeando Kreuzberg e Wedding e provocando 10 mortes. Hitler, supostamente furioso, reuniuse en 5 de setembro co alto comando da Luftwaffe, lanzando unha directriz que estabelecía "ataques disruptivos contra a poboación e defensas aéreas das principais cidades británicas, incluíndo Londres, día e noite". A Luftwaffe cumpriu a orde, aliviando a presión nos campos de pouso da RAF.

Antes do inicio da Blitz, estimativas tenebrosas apuntaban que unha campaña de bombardeo alemá provocaría un alto número de vítimas. Un informe do Departamento de Saúde británico, entregada a mediados de 1939, calculaba que durante os seis primeiros meses de ataque aéreo, morrerían 600 000  e 1 200 000 serían feridas.[5] Tales previsións probaron ser unha exaxeración, principalmente por seren baseadas en hipóteses erróneas canto ao número de bombardeiros alemáns dispoñíbeis e o número de baixas causadas por cada bomba. Mesmo así, levou á evacuación en masa de aproximadamente 650 000 nenos para o interior.

Primeira fase[editar | editar a fonte]

Nenos no East End de Londres, desabrigados polas bombas dos ataques Nazi, agardan ao lado da pila de cascallos do que fóra a súa casa. Setembro de 1940 (National Archives)

As primeiras incursións intencionais en Londres foron miradas principalmente no Porto de Londres, provocando serios danos. Ao final da tarde de 7 de setembro, 364 bombardeiros atacaron, escoltados por 515 cazas. Outros 133 bombardeiros volveron a atacar na mesma noite. Moitas das bombas dirixidas aos peiraos caeron en áreas residenciais, matando 436 londinienses e ferindo 1 666.

Poucas armas antiaéreas contaban con sistemas de control de mira, e as febles luces de busca eran normalmente inútiles en altitudes por enriba de 12 000 pés. Mesmo a fortificada Cabinet War Rooms, un búnker secreto no subterráneo escondido so o Departamento do Tesouro, era vulnerábel a un impacto directo. Poucos cazas eran capaces de operar durante a noite, e a rede de radares en terra era limitada. Durante o primeiro ataque, só 92 pezas de artillaría estaban dispoñíbeis para defender Londres. As defensas da cidade foron rapidamente reorganizadas polo xeneral sir Frederick Pile, comandante-en-xefe do Comando Antiaéreo, e, en 11 de setembro, o dobre de pezas estaba dispoñíbel e prontas para uso. Isto produciu un encoro visualmente moi máis impactante que aumentou a moral civil, e aínda que tivese pouco efecto contra os ataques, alentaron os equipos de bombardeo inimigas a largar súas cargas antes de alcanzaren o seu albo.

No decorrer da primeira fase da Blitz, os ataques eran realizados durante o día e durante a noite. Entre 100 e 200 bombardeiros atacaron Londres noite tras noite, de mediados de setembro até novembro. A maioría eran alemáns, con algunhas aeronaves italianas engalando da Bélxica. Birmingham e Bristol foron atacadas o 15 de outubro, e a incursión máis pesada da guerra—envolvendo 400 bombardeiros e durando seis horas—atinxiu Londres. A RAF contra-atacou con 41 cazas, derrubando só un bombardeiro Heinkel. A mediados de novembro, os alemáns xa tiraran máis de 13 000 toneladas de explosivos e máis de 1 millón de bombas incendiarias, cunha perda de aeronaves de menos do 1% (a pesar das baixas inherentes aos voos e pousos nocturnos).

Segunda fase[editar | editar a fonte]

Un avión bombardeiro alemán Heinkel He 111 sobrevoando unha cidade da Inglaterra.
O centro da cidade de Coventry tras os ataques devastadores do 14 e 15 de novembro de 1940

De novembro de 1940 a febreiro de 1941, a Luftwaffe atacou cidades industriais e portuarias. Entre os albos estaban Coventry, Southampton, Birmingham, Liverpool, Clydebank, Bristol, Swindon, Plymouth, Cardiff, Manchester, Sheffield, Swansea, Portsmouth, e Avonmouth. Durante este período, catorce ataques foron dirixidos a portos, nove contra cidades industriais e oito contra Londres.

A incursión máis devastadora ocorreu probabelmente no anoitecer de 29 de decembro, cando aeronaves alemás atacaron a Cidade de Londres con bombas incendiarias e explosivas, provocando o chamado entón "Segundo grande Incendio de Londres".

As defensas antiaéreas continuaban obviamente febles, e as perdas alemás eran sustentábeis—soamente 133 aeronaves durante catro meses. No entanto, o Alto Comando alemán comezou a dubidar que os bombardeos puidesen posibilitar a invasión da Gran Bretaña, pois a RAF continuaba operante. Mentres tanto, os preparatorios para a invasión da Unión Soviética estaban en curso, e tiñan maior prioridade do que derrotar o Reino Unido.

Ataques finais[editar | editar a fonte]

Bombeiros combatendo o fogo en predios arruinados

En febreiro de 1941, Karl Dönitz convenceu Hitler a atacar portos en apoio á campaña da Kriegsmarine na Batalla do Atlántico. Hitler lanzou unha directriz en 6 de febreiro ordenando que a Luftwaffe concentrase os seus esforzos en portos, principalmente os de Plymouth, Clydebank, Portsmouth, Bristol, Avonmouth, Swansea, Liverpool, Belfast, Hull, Sunderland e Newcastle. Entre o 19 de febreiro e o 12 de maio, a Alemaña realizou 51 ataques directos contra esas cidades, con só 7 dirixidos a Londres, Birmingham, Coventry e Nottingham.

Xa entón a ameaza dunha invasión inminente pasara, co fracaso de Alemaña en obter o requisito da superioridade aérea. Os bombardeos agora eran mirados principalmente na destrución de albos industriais, mais tamén proseguiron co obxectivo de diminuír a moral da poboación civil, e, a este respecto, os ataques eran vistos claramente polos británicos como unha tentativa de inflixir terror na poboación.[6][7] As defensas antiaéreas foron melloradas, cun crecente número de radares en terra guiando ataques nocturnos, pezas de artillaría e luces de busca. A partir do principio de 1941, as perdas mensuais da Luftwaffe comezaron a aumentar. A inminente invasión da Unión Soviética obrigou o poder aéreo alemán a se mover para o leste, e a Blitz cesou en maio de 1941.

O último grande ataque en Londres foi o 10 de maio: 515 bombardeiros destruíron ou damnificaron varios predios importantes, como o Museo Británico, o Palacio de Westminster e o Palacio de St. James. A incursión causou máis vítimas que calquera outra: 1 364 mortos e 1 616 seriamente feridos. Seis días despois, 111 bombardeiros atacaron Birmingham; este sería o último grande ataque a unha cidade británica por aproximadamente un ano e medio.

Mudanza de sentido do termo no portugués brasileiro[editar | editar a fonte]

No Brasil, o termo blitz [blíts] tornouse un substantivo común, con dous sentidos:

  • Ataque aéreo intenso e feito de sorpresa
  • Batida policía feita de imprevisto[8]

Notas e referencias[editar | editar a fonte]

  1. Ou 76 noites consecutivas, dependendo da fonte ou se considerando o día 2 de novembro (con clima nebuloso demais para bombardeos) [1] Arquivado 15 de febreiro de 2011 en Wayback Machine. [2] Arquivado 26 de marzo de 2009 en Wayback Machine.
  2. "Air Raid Precautions - Deaths and injuries". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2007. Consultado o 09 de outubro de 2017. 
  3. "Museum of London: Remembering the Blitz". Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2007. Consultado o 09 de outubro de 2017. 
  4. "Imperial War Museum: The V Weapons Campaign Against Britain, 1944-1945" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de agosto de 2011. Consultado o 09 de outubro de 2017. 
  5. Price, Alfred. Blitz on Britain 1939–45, Sutton Publishing (2000), ISBN 0-7509-2356-3
  6. Strategy for defeat: the Luftwaffe 1933-1945, p.45
  7. "Bombing raids of World War Two". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2017. Consultado o 09 de outubro de 2017. 
  8. Dicionário escolar da língua portuguesa/Academia Brasileira de Letras. 2ª edição. São Paulo. Companhia Editora Nacional. 2008. p. 217.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]