Biocombustible

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Biocombustíbel")

O biocombustible é o termo para denominar calquera tipo de combustible que derive da biomasa -organismos recentemente vivos ou os seus refugallos metabólicos, tales como o esterco da vaca-. Os restos orgánicos foron a primeira fonte de enerxía que coñeceu a humanidade: a madeira ou os excrementos secos son biocombustibles.

Se se administra ben, a madeira dos bosques pode ser un recurso renovable. Deste xeito propúxose a biomasa como fonte de enerxía. Unha destas biomasas sería a lavra de madeira (un exemplo), produto da limpeza dos bosques ou ata da súa explotación racional.

A cana de azucre, produtora de bioetanol

Os combustibles de orixe biolóxica poden substituír parte do consumo dos combustibles fósiles tradicionais (petróleo, carbón). Os biocombustibles máis usados e desenvolvidos son o bioetanol e o biodiésel.

  • O biodiesel fabrícase a partir de aceites vexetais, que puideron ser usados ou non. Neste último caso acostúmase usar raps, colza, soia ou jatropha, os cales son cultivados para este propósito. O principal produtor de biodiésel no mundo é a Alemaña, que concentra o 63% da produción. Séguea a Francia co 17%, os Estados Unidos co 10%, a Italia co 7% e Austria co 3%.

Regulación[editar | editar a fonte]

En España existe un tipo impositivo especial para biocarburantes de cero euros por 1000 litros. O tipo especial aplicarase exclusivamente sobre o volume de biocarburante aínda cando este se utilice mesturado con outros produtos.

Consideranse como biocarburantes os seguintes produtos:

  • O alcohol etílico, producido a partir de produtos agrícolas ou de orixe vexetal (bioetanol) definido no código NC 2207.20, xa for utilizado como tal ou previa modificación química.
  • O alcohol metílico (biometanol), definido no código NC 2905.11.00 e obtido a partir de produtos de orixe agrícola ou vexetal, xa for utilizado como tal ou previa modificación química.
  • Os aceites vexetais definidos nos códigos NC 1507, 1508, 1510, 1511, 1512, 1513, 1514, 1515 e 1518, utilizados como tales ou previa modificación química.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]