Saltar ao contido

Bilurico maculado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bilurico maculado
Actitis macularius
Carl von Linné 1766 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
   A. macularius (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
Características
 Ciclo diurno
 Sinonimia
Tringa macularia (Linnaeus, 1766)
Actitis macularia orth. err.
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeCharadriiformes
FamiliaScolopacidae
XéneroActitis
EspecieActitis macularius Editar o valor en Wikidata
(Linnaeus, 1766) Actitis macularius Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Envergadura
   38,5 cm Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/01trfx Editar o valor en Wikidata
ITIS726049 Editar o valor en Wikidata
OTT810558 Editar o valor en Wikidata
UICN22693277 Editar o valor en Wikidata
CoL64R5G Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O bilurico maculado[1] (Actitis macularius) é unha ave de ribeira que cría en Norteamérica. Aparece esporadicamente como divagante en Europa. Co bilurico bailón, especie europea moi próxima coa que pode hibridar nas ocasións excepcionais nas que individuos illados dunha especie se atopan cos da outra, forma o xénero Actitis.

Nome científico

[editar | editar a fonte]

O seu nome científico orixinal era Tringa macularia[2]. Cando se lle mudou o xénero a Actitis, algúns autores conservaron o adxectivo na súa forma feminina (Actitis macularia), sen ter en conta que o correcto sería co xénero masculino de Actitis, polo que o correcto sería Actitis macularius. Outros autores incluíron a especie nos xéneros Tringoides, Totanus, e mesmo Actites ou Aetitis (orth. errs.)[3].

Descrición

[editar | editar a fonte]

Os adultos teñen as patas, máis axiña curtas, de cor amarelada e o bico laranxa coa punta negra. O corpo é castaño pola parte superior e branco con manchas negras por embaixo. Os exemplares adultos fora da época de cría non teñen manchas negras na parte inferior, e son moi semellantes ós do bilurico bailón, dos que se diferencian polo debuxo das ás, visible cando voan, que é menos definido, e pola cor das patas, que na especie europea son. As especies do xénero Acititis teñen un xeito característico de voar, a pouca distancia da tona da auga.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Á súa zona de cría está situada en zonas preto de augas doces na maior parte do Canadá e nos Estados Unidos. Pasan o inverno no sur dos estados Unidos e en Suramérica. Coma a especie irmá non son aves gregarias e é raro velos formar grandes bandos.

Os biluricos maculados aliméntanse na auga ou na terra, localizando as presas pola vista e apañándoas co bico. Comen insectos (que en ocasións capturan en voo), pequenos crustáceos e outros invertebrados. Mentres se alimentan poden identificarse polos seus movementos característicos da cabeza, unha especie de reverencias, e polo aspecto bailópn do corpo.

As femias poden aparellarse con máis dun macho, ocupándose estes da incubación dos ovos.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]