Biblioteca Nacional de Acerbaixán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Biblioteca Nacional de Acerbaixán
Tipobiblioteca nacional
Data de fundación23 de maio de 1923
Director/aTahir Kərimov
Nº de empregados210 Editar o valor em Wikidata
Localización
Enderezo29 Khagani Street, Baku 1000
EnBakú
PaísAcerbaixán
40°22′27″N 49°50′45″L / 40.37416667, 49.84583333
Na rede
http://www.millikitabxana.az/
Facebook: az.nat.lib Instagram: milli_kitabxana_ Youtube: UCPBsxqxNnE3B3ycSKZsyJLw Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Biblioteca Nacional de Acerbaixán (en azarí Azərbaycan Milli Kitabxanası) é unha biblioteca pública nacional é o centro depositario de Acerbaixán e a institución custodia unha rica colección histórica e todo tipo de publicacións producidas en territorio nacional desde comezos do século XX. Atópase en Bakú.

A biblioteca foi fundada en 1922 e a súa inauguración oficial foi o 23 de maio de 1923. O edificio que a alberga foi erixido en 1922 e está deseñado para almacenar ata 5 millóns de artigos.[1] En 1939, a biblioteca recibiu o nome de Mirza Fatali Akhundov, un destacado académico, dramaturgo e editor azarí.[2]

Actualmente, este fondo documental está composto por máis de 4,5 millóns de pezas que inclúen libros, revistas, documentos, mapas, manuscritos, gravados, debuxos, partituras, folletos etc.[3]

Está estruturado en vinte e seis departamentos e está xestionado polo Ministerio de Cultura e Turismo de Acerbaixán.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Las bibliotecas". Azerbaijans.com (en castelán). Consultado o 2023-07-21. 
  2. "La Biblioteca Nacional de Azerbaiyán inaugura una exposición con motivo del Día Nacional de los Derechos Humanos". Azertag.az (en castelán). 2022-06-13. Consultado o 2023-07-21. 
  3. Janson, Marlies; Opitz, Helmut (2007). World Guide to Special Libraries (en inglés). I Libraries A - L (8 ed.). K. G. Saur. p. xxiv. ISBN 978-3-11-091785-7. doi:10.1515/9783110917857. Consultado o 2023-07-21. 
  4. "History". Biblioteca Nacional de Acerbaixán (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2022. Consultado o 2023-07-21. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]