Saltar ao contido

Bertil af Klercker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBertil af Klercker
Nome orixinalErnst Tagesson af Klercker
Biografía
Nacemento31 de xaneiro de 1910
Estocolmo.
Morte21 de abril de 1986 (76 anos)
Flen, Södermanland.
Datos persoais
País de nacionalidade Sueco.
EducaciónUniversidade de Estocolmo.
Tese académica"Equiparación de resultados entre distintos exercicios fiscais na tributación da renda empresarial consonte a lexislación sueca" (1948).
Actividade
OcupaciónAvogado e numismático.
Membro de
Familia
FamiliaAf Klercker (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeInger Emanuelsson.
PaisTage af Klercker  e Märta af Klercker.
IrmánsStig af Klercker.
Premios
1979: Medalla ao Mérito da SNS.


Ernst Bertil Tagesson af Klercker, nado o 31 de xaneiro de 1910 en Estocolmo e finado o 21 de abril de 1986 en Flen, condado de Södermanland, foi un avogado e numismático sueco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Bertil af Klercker naceu en 1910 na antiga parroquia militar de Svea Livgarde, fillo de Märta Boheman e do xeneral de división Tage af Klercker.[1] Tivo tres irmáns, chamados Stig Fredrik, Tage e Carl Göran af Klercker.[2]

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Logo da súa licenciatura en Dereito en 1947 na Universidade de Estocolmo, Bertil af Klercker acadou o seu doutoramento en Dereito en 1948,[1] cunha tese titulada "Equiparación de resultados entre distintos exercicios fiscais na tributación da renda empresarial consonte a lexislación sueca".[3][4]

No ámbito militar licenciouse como oficial da reserva en 1930;[3] foi capitán da reserva do rexemento de infantaría de Socorristas de Svea desde 1943 e dirixiu o seu departamento fiscal desde 1946.[1]

Tamén foi membro experto do Comité de Impostos de Distribución entre 1949 e da Investigación Fiscal en 1957.[1]

Numismática[editar | editar a fonte]

Á marxe da súa dedicación profesional, tamén foi un numismático prestixioso no seu país. O seu interese pola numismática naceu na súa infancia, cando comezou a coleccionar moedas de temática relacionada coa natureza, e co tempo foi especializando a súa colección na moeda europea e das colonias posterior a 1500. En 1940 ingresou na Sociedade Numismática Sueca (SNS); pertenceu á súa xunta directiva a partir de 1949 e foi o presidente desta entidade entre 1961 e 1962.[3][5] Tamén foi un asiduo colaborador nas exposicións organizadas pola SNS coa colaboración do Gabinete Real de Moedas de Estocolmo. En 1979 recibiu como agradecemento a Medalla ao Mérito de la SNS. [3]

Outra das súas grandes afeccións foi golf, e Klercker foi un dos fundadores do Rotary Club de Estocolmo.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Bertil af Klercker estivo casado con Inger Emanuelsson (1925-1995).[2]

Finou o 21 de abril de 1986, na parroquia de Vadsbro, condado de Södermanland.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Harnesk, P. (1962).
  2. 2,0 2,1 "Ernst Bertil Tagesson af Klercker". Geni.com
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 LLt. (1986).
  4. Åhman, O. (2012). "Advokaten som rättsvetenskapsmant: Bertil af Klercker (1910-1986)". En Sveriges advokatsamfund 125 år. DanagårdLiTHO AB, Ödeshög. Páxina 366. ISBN 978-91-637-1711-6
  5. "SNF:s ordföranden genom tiderna". Svenska Numismatiska Föreningen (Numismatik.es).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]