Saltar ao contido

Concello de Flen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaConcello de Flen
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 59°03′30″N 16°35′20″L / 59.0583, 16.5889
EstadoSuecia
Condadocondado de Södermanland Editar o valor en Wikidata
CapitalFlen Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación15.341 (2025) Editar o valor en Wikidata (18,57 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Södermanland
Q61626017 Traducir (–2009)
Q61625917 Traducir (2009–) Editar o valor en Wikidata
Superficie826,06 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude39 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 1 de xaneiro de 1971:  (Reforma municipal sueca de 1971) Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webflen.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: Flenskommunsormlandshjarta Instagram: tillsammansarviflen LinkedIn: flens-kommun Youtube: UCZhFuhXqASGK8BSnD7pUYzQ Editar o valor en Wikidata

Flen é un municipio sueco (kommun) do condado de Södermanland.[1] A súa capital é a localidade Flen.

A superficie está cuberta en gran medida por bosque, con pouco menos dunha quinta parte de terras agricolas. Porén, son as boas opcións de transporte as que influíron principalmente na actividade económica local. No municipio operan varias industrias e empresas como GB Glace e Volvo teñen alí instalacións.[2]

Dende a súa fundación en 1971 ata o ano 2024 o municipio perdeu uns 3 000 habitantes. En decembro de 2024 a poboación do concello era de 15 362 habitantes.[3]

Historia administrativa

[editar | editar a fonte]

A área do concello correspóndese coa das parroquias de Bettna, Blacksta, Dunker, Flen, Forssa, Helgesta, Hyltinge, Lilla Malma, Mellösa, Vadsbro e Årdala. Nesas parroquias fundáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862. Na zona atopábase tamén dende 1863 o köping de Malmköping.

O 31 de decembro de 1901 estableceuse a localidade muicipal de Flen, disolta a finais de 1948, e o 23 de marzo de 1918 a de Sparreholm, desaparecida a finais de 1952.

A cidade de Flen creouse en 1949 a través da transformación do concello rural de Flen.

Coa reforma municipal de 1952 creáronse os grandes concellos de Bettna (a partir dos anteriores concellos rurais de Bettna, Blacksta, Forssa, Husby-Oppunda, Vadsbro e Vrena) e Sparreholm (de Helgesta, Hyltinge e Årdala), ao mesmo tempo que os municipios de Dunker e Lilla Malma integrábanse no köping de Malmköping. Nesta reforma o concello rural de Mellösa e a cidade de Flen permaneceron sen cambios.

No ano 1965 o concello rural de Sparreholm incorporouse á cidade de Flen.

O actual concello de Flen fundouse coa reforma municipal de 1971 a partir da cidade de Flen, o köping de Malmköping, o concello rural de Mellösa e partes do de Bettna (as parroquias de Bettna, Blacksta, Forssa e Vadsbro).[4]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello de Flen atópase no centro do condado de Södermanland. Limita ao nordés co municipio de Strängnäs, ao leste co de Gnesta, ao sur co de Nyköping, ao oeste co de Katrineholm e ao norte co de Eskilstuna, todos eles en Södermanland.

Topografía e hidrografía

[editar | editar a fonte]

A topografía do concello está formada por un terreo quebrado onde se atopan sistemas lacustres irregulares nas partes baixas da zona. As partes altas, en cambio, están formadas por chan rochoso cuberto ás veces de morena. Estas últimas están principalmente nas parte orientais e septentrionais do concello. O concello está atravesado por varios esker destacados:

  • Strömsholmsåsen a través de Sparreholm e Malmköping. En Plevnahöjden o esker está seguido por varios kettles.
  • Badelundaåsen a través da parte oriental do municipio.

Ademais, outro esker atravesa a capital. Debido a que segue o terreo irregular, adquiriu unha forma peculiar. O concello é rico en lagos. Entre eles inclúense o Gårdsjön e o Orrhammaren en Flen, e o Båven no sueste.[5]

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-19. 
  2. "Industrimark & lokaler". flen.se (en sueco). Consultado o 2025-03-20. 
  3. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-20. 
  4. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 978-91-87784-05-7. 
  5. "Flen - Uppslagsverk". www.ne.se. Consultado o 2025-03-22.