Noa Díaz Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Noa Díaz Varela
Nacemento1974
 O Saviñao
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo
Ocupaciónxornalista e política
editar datos en Wikidata ]

Noa Susana Díaz Varela, nada no Saviñao en 1974, é unha xornalista e política galega do PSdG-PSOE, deputada no Parlamento de Galicia pola Circunscrición electoral da Coruña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciada en xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo. Exerceu como periodista no gabinete de comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

Nas Eleccións municipais de 2019 en Galicia presentouse[1] como número 8 na lista do Partido dos Socialistas de Galiciaao Concello de Santiago, saindo elixida concelleira e ocupando o cargo de Concelleira de educación, igualdade e mocidade.

Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 levou o número dous na lista do PSdG-PSOE pola Circunscrición electoral da Coruña,[2] obtendo acta de deputada autonómica.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]