Beira Interior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Beira Interior foi unha provincia portuguesa proposta por algúns xeógrafos no marco do estudo xeográfico que precedeu á reforma de 1936. Nunca chegou a ter existencia legal.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Designaba unha grande rexión do centro de Portugal composta pola unión das rexións naturais da Beira Alta e da Beira Baixa, ás que segundo outras opinións habería que engadir tamén á da Beira Transmontana, englobada finalmente na rexión de Tras os Montes e Alto Douro.

Estaría constituída polos 32 concellos da Beira Alta e polos 13 concellos da Beira Baixa, sumando un total de 45 municipios. Incluiría así a totalidade do distrito de Castelo Branco, a case a totalidade dos distritos da Guarda e Viseu, tres concellos do distrito de Coímbra e un do de Santarém.

No caso de incluírse tamén a Beira Transmontana, acollería entón todo o distrito da Guarda (ao sumar o concello de Vila Nova de Foz Côa), e a case totalidade do de Viseu (ao sumar os concellos de Armamar, Lamego, São João da Pesqueira e Tabuaço), elevando o número de concellos da rexión a 49.