Begoña Errazti
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de agosto de 1957 ![]() Barakaldo, España ![]() |
![]() | |
18 de xuño de 2003 – 13 de xuño de 2007 Lexislatura: VI lexislatura de Navarra | |
![]() | |
26 de xuño de 1999 – 17 de xuño de 2003 Lexislatura: V lexislatura de Navarra ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | política ![]() |
Partido político | Eusko Alkartasuna ![]() |
Begoña Errazti Esnal, nada o 22 de agosto de 1957 en Barakaldo (Biscaia, País Vasco) é unha política vasca residente en Navarra.
Biografía
[editar | editar a fonte]Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Begoña Errazti é licenciada en Xeografía e Historia Contemporánea. Cursou tamén un máster en xestión empresarial.
Foi directora da Escola-Taller Río Arga, proxecto europeo para a formación de mozas no tratamento de ríos e ribeiras, con varias especialidades; profesora en ensino medio de historia e éuscaro; e profesora de éuscaro en cursos da Universidade de Deusto e outros. Tamén foi xerente da federación de ikastolas navarras.
Traxectoria política
[editar | editar a fonte]Errazti caracterízase, segundo os seus simpatizantes, pola súa defensa dos dereitos do éuscaro combinando as súas ideas independentistas e progresistas.
Durante as lexislaturas 1995-1999 e 1999-2003 foi a portavoz do grupo parlamentario de Eusko Alkartasuna (EA) no Parlamento de Navarra. Tras as eleccións forais de 2003, a pesar de ser a cabeza de lista cedeu a portavocía ao seu compañeiro de partido e actual presidente de EA en Navarra, Maiorga Ramírez.
Formou parte da executiva nacional de EA desde 1995 até 2007 ocupando desde 1999 a presidencia do partido.[1]
Tras o achegamento de EA á esquerda abertzale e a súa inclusión na coalición Euskal Herria Bildu, deixou a súa militancia en EA para achegarse ao Partido Nacionalista Vasco, asistindo a actos públicos do mesmo en apoio á candidatura a lehendakari de Iñigo Urkullu.[2]
Errazti foi a segunda muller líder dun partido político con representación parlamentaria no Congreso dos Deputados, tras Dolores Ibarruri, tamén política vasca.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ormazabal, Mikel (16 de decembro de 2007). "Errazti se va sin referirse a los motivos de su marcha". elpais.com (en castelán). Consultado o 22 de abril de 2024.
- ↑ Velasco, Juanma (10 de outubro de 2012). "Urkullu reclama una «cohabitación responsable» de Euskadi con el Estado". diariovasco.com (en castelán). Consultado o 22 de abril de 2024.