Begoña Bas
Begoña Bas | |
---|---|
Nome completo | Begoña Bas López |
Nacemento | 4 de maio de 1953 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María Begoña Bas López, nada en Vigo o 4 de maio de 1953, é unha profesora e etnógrafa galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fixo o bacharelato en Vigo e licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en Xeografía. Traballou no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón da Coruña. É profesora do Departamento de Didácticas Específicas na Universidade da Coruña. Dedicase ao estudo da arquitectura popular galega. Colabora nas revistas Verba, Gallaecia e Brigantium. Recibiu o Premio de Etnografía Vicente Risco (1978), o Premio Domingo Fernández del Riego (1984) e o Premio da Crítica Galicia (1992).
Obras[editar | editar a fonte]
- Itinerarios dos hórreos en Galicia. Contribución ao estudo do habitat rural galego, 1978.
- Construcións populares galegas, 1980.
- As construcións populares. Un tema de etnografía en Galicia, 1983.
- Os petos de ánimas en Ourense, 1985.
- Camiños, pasos e pontes, 1989.
- Muíños de marés e de vento en Galicia, 1991.
- Os muíños, 2000.