Saltar ao contido

Beagle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Beagle
Diagrama de tamaño
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Nome orixinal
Beagle (en) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Altura33 cm mínimo
40 cm máximo Editar o valor en Wikidata
Masa9 kg media, adulto Editar o valor en Wikidata
Tamaño da niñada5,5 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/01dj7 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2776820430 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Código do catálogo
BNE: XX529410
Wikidata G:Commons C:Commons

O beagle é unha raza de can de caza orixinaria do Reino Unido coas patas musculosas, orellas longas e pelaxe sueva e curto. O nome da raza ten dúas posibles orixes. Por unha banda é considerada unha derivación da palabra celta beag que significa "pequenos", mentres que por outra banda se di que provén da palabra francesa begueule que significa "abrir boca", quizais, en referencia ó balbordo que produce en grupo. Son cans de caza creados para perseguiren as presa no campo, o que os converte en animais enerxéticos, independentes, extravertidos e teimosos. Malia que os cans tipo beagle existen dende hai máis de 2 500 anos, a raza moderna foi desenvolvida na década de 1830 a partir de varias razas.

Son beagles notables o can Snoopy, protagonista da serie de banda deseñada Peanuts de Schultz, considerado o beagle máis famoso do mundo,[1] e Gromit (animación stop motion).

Cans semellantes ós modernos beagles poden rastrexarse até a Antiga Grecia[2] no século -V. Xenofonte de Atenas, nado no -430, na súa Cynegeticus fai referencia a un can de caza que emprega o seu olfacto para perseguir lebres. Os cans de caza pequenos son mencionados nas Leis do Bosque de Canuto o Grande que os eximía da ordenanza que obrigaba a mutilar un pé a todos os cans quen de cazar cervos deberían ter un pé mutilado.[3] De seren xenuínas, estas leis confirmarían que os cans tipo beagle estaban presentes en Inglaterra antes de 1016, pero crese que estas leis foron escritas na Idade Media para darlle un senso de antigüidade e tradición ás Leis do Bosque.[4]

Can beagle.
  1. "World's Most Famous Beagle". The Victoria Advocate. Victoria, Texas. 15 de decembro de 1974. p. 54. Consultado o 31 de maio de 2013.
  2. "Breed Information". The Beagle Club of NSW (Australia). Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2010. Consultado o 14 de setembro de 2012.
  3. Daglish p.7
  4. Rackham p.130