Bea Rey
Bea Rey | |
---|---|
Nacemento | 17 de marzo de 1939 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Real Academia de Belas Artes de San Fernando |
Ocupación | pintora |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Beatriz Rey Gómez-Guitián,[1] nada na Coruña o 17 de marzo de 1939,[2] é unha pintora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Bea Rey naceu na Coruña, filla do farmacéutico e empresario José Rey, que participou na fundación do Grupo Sargadelos. Desde nova tivo relación con artistas como Luís Seoane ou Rafael Dieste.[1]
Licenciouse en 1968 na escola da Real Academia de San Fernando de Madrid, e ese ano realizou a súa primeira exposición individual na Sala Quijote desa cidade.[1] Entre 1968 e 1970 formou parte do movemento Estampa Popular Galega, co cal expuxo en Galicia e Montevideo; unha «subversiva» estampa dela, xunto con outras dúas, provocou que a exposición celebrada en Tui rematase coa detención dos organizadores e a clausura obrigada por «injurias a la Nación, al Ejército y a la Guardia Civil».[3] Posteriormente expuxo en varias cidades galegas e en países como Finlandia, Francia e Alemaña.[1]
A obra de Rey, cunha destacada presenza da xeometría e mesmo do cubismo, avanzou cara ao surrealismo.[4]
Legado[editar | editar a fonte]
En marzo de 2019 inaugurouse no Lago (Cumbraos, Sobrado dos Monxes) o museo Bea Rey.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Bea Rey en Afundación
- ↑ Dama de Elche
- ↑ "Artigo de Aurelia Balseiro para o Museo de Lugo" (PDF).
- ↑ "Isabel Rey: "Mi hermana Bea no quiso vivir más que para la pintura"". El Correo Gallego (en castelán). 28-03-2019. Consultado o 08-05-2022.
- ↑ Molezún, Fernando (29-03-2022). "Un oasis del arte de vanguardia de Bea Rey en medio de la naturaleza". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 08-05-2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- AA. VV. (2019). Bea Rey: Museo (en castelán). ISBN 978-84-09-05734-4.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Museo Bea Rey
- Bea Rey en Pintores Gallegos
- Obras de Bea Rey no Museo Reina Sofía.