Saltar ao contido

Baz Luhrmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBaz Luhrmann

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Mark Anthony Luhrmann Editar o valor en Wikidata
17 de setembro de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Sydney, Australia Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia Editar o valor en Wikidata
EducaciónNational Institute of Dramatic Art (en) Traducir
St Paul's College, Manly (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , produtor de cinema , escritor , guionista , actor , realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1982 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeCatherine Martin (1997–)
Premios

Páxina webbazmark.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0525303 Allocine: 15718 Allmovie: p100353 TCM: 522071 TV.com: people/baz-luhrmann IBDB: 95280
Facebook: BazLuhrmannOfficial Twitter: bazluhrmann BNE: XX1306527 Musicbrainz: 04b94d74-1eb0-4633-ab8d-4f60d75e3114 Songkick: 353183 Discogs: 289151 Allmusic: mn0000152512 WikiTree: Luhrmann-38 Editar o valor en Wikidata

Mark Anthony Luhrmann, nado en Sydney o 17 de setembro de 1962, é un actor, director, guionista e produtor de cinema australiano, coñecido como Baz Luhrmann. É amplamente considerado un dos máis destacados directores de cinema[1][2] e un exemplo contemporáneo dun autor polo seu estilo e fonda participación na escritura, dirección, deseño e compoñentes musicais de todas as súas obras.[3] É o director australiano con máis éxito comercial, con catro dos seus filmes entre os dez australianos con máis público de todos os tempos.[4][5]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Luhrmann naceu en Nova Gales do Sur en 1962, fillo dunha mestra de danza e de Leonard Luhrmann, dono dunha gasolineira e dun cine., ran a petrol station and a movie theatre.[6] Luhrmann asistiu ao St. Joseph's Hasting Regional School, ao Port Macquarie de 1975 a 1978 e ao Sydney Grammar School. O seu alcume "Baz" recibiuno polo seu parecido con monicreque Basil Brush.

Tras unha discreta carreira como actor comezada na década de 1970, acadou sona internacional con producións de Hollywood na década de 1990. O seu primeiro éxito de público foi Strictly Ballroom (1993), con Paul Mercurio, Tara Morice e Bill Hinter. Tres anos máis tarde adaptou de forma novidosa e moderna con éxito de crítica e público a William Shakespeare en Romeo + Juliet (1996), con Leonardo DiCaprio e Claire Danes.[7] O seu seguinte filme, de maior éxito, foi Moulin Rouge! (2001) con Nicole Kidman e Ewan McGregor, un orixinal musical con cancións de The Beatles, Madonna, Elton John, Nirvana e Queen, entre otros. También realizou montaxes de ópera como La Bohème, así como anuncios publicitarios, sendo o máis coñecido o realizado para o perfume Chanel N° 5 xunto a Nicole Kidman.

En 2016 realizou a serie The Get Down para Netflix xunto ao guionista Shawn Ryan. A serie ambientábase no Bronx da década dos setenta e mostraba unha Nova York chea de mafias, música disco e grafitis. Asemade, aborda o nacemento do hip hop como resposta ao tortuoso estilo de vida ao que se vían sometidos as personaxes. En agosto de 2016 estreáronse os seis primeiros capítulos, mais en maio de 2017 anunciouse a fin da serie sen dar motivos para a cancelación.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Luhrman é bo amigo dos actores australianos Hugh Jackman e Nicole Kidman[8] e do escritor e actor Craig Pearce con quen traballou en Moulin Rouge!, Romeo + Juliet e Strictly Ballroom.[9]

O 26 de xaneiro de 1997 casou con Catherine Martin, que foi a deseñadora de produción de todos os seus filmes. O 10 de outubro de 2003 naceu a súa filla Lillian "Lilly" Amanda Luhrmann e o 8 de xuño de 2005 o seu fillo William Alexander Luhrmann.[10]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Director Guionista Produtor Distribuidora
1992 Strictly Ballroom Si Si Non Ronin Films
1996 Romeo + Juliet Si Si Si 20th Century Fox
2001 Moulin Rouge! Si Si Si
2008 Australia Si Si Si
2013 The Great Gatsby Si Si Si Warner Bros. Pictures
2022 Elvis Si Si Si

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]