Bartolomé Mitre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bartolomé Mitre
BartolomeMitre002.JPG
Bartolomé Mitre Martínez
Presidente da Arxentina
Período 11 de abril de 1862 - 11 de outubro de 1868
Antecesor Juan Esteban Pedernera
Sucesor Domingo Faustino Sarmiento
Datos persoais
Nacemento 26 de xuño de 1821
Lugar Buenos Aires
Falecemento 19 de xaneiro de 1906
Lugar Buenos Aires
Organización Partido Liberal
Unión Cívica
Unión Cívica Nacional
Cónxuxe Delfina Vedia de Mitre
Profesión militar, xornalista e político

Bartolomé Mitre Martínez, nado o 26 de xuño de 1821 e finado o 19 de xaneiro de 1906, militar, xornalista e político, foi presidente da Arxentina entre 1862 e 1868. Foi tamén gobernador da provincia de Buenos Aires entre 1860 e 1862.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Naceu na cidade de Buenos Aires, na actual esquina de Suipacha e Peatonal Lavalle. Exiliouse no Uruguai, como outros opositores a Juan Manuel de Rosas, durante o goberno deste; actuou como soldado e xornalista no Uruguai, Perú, Chile e Bolivia. Atopábase neste último país en 1848, cando debeu desterrarse por causa da revolución; viaxaría ao Perú e logo a Chile, onde sería coredactor de Juan Bautista Alberdi, director do xornal El Comercio de Valparaíso. Nesa cidade, publica Manuel Blanco Encalada e Thomas Cochrane.

Máis tarde, escribiría en El Progreso, diario que creara Domingo Faustino Sarmiento, desde onde pregoou a indivisibilidade territorial da soberanía americana, defendeu o dereito de pensamento dos estranxeiros (sempre que non atentasen contra a soberanía dos países que os acollían) e a democracia nun sentido integral, e emprendeu campañas para mellorar social e economicamente ao pobo.

Volta a Arxentina[editar | editar a fonte]

Regresou a Arxentina despois do derrocamento de Rosas, e liderou a rebelión da provincia de Buenos Aires contra o sistema federal que a Constitución Arxentina de 1853, patrocinada por Justo José de Urquiza, impoñería; ocupou diversos cargos de relevancia no goberno provincial logo da secesión da provincia, ata que en 1859 foi derrotado militarmente por Urquiza, que buscaba reincorporar a Buenos Aires á Confederación Arxentina.

Con todo, misteriosamente foi vencedor na batalla de Pavón (1861), despois que Urquiza se retirase case sen presentar batalla; Buenos Aires reincorporaríase á Confederación, aceptando a Constitución de 1853 pero introducindo cambios que a beneficiaron na reforma de 1860.

En outubro de 1862 Mitre foi elixido presidente da Arxentina. Durante o seu mandato estendeuse o sistema ferroviario, organizou o exército, difundiu o ensino en todos os niveis, mellorou o servizo postal, organizou a Suprema Corte de Xustiza, saneou a moeda, regularizou a débeda pública, adoptouse o sistema métrico decimal e fundouse o crédito público. Ademais desenvolveuse a Guerra da Tripla Alianza, onde a Arxentina, aliada ao Brasil e o Uruguai invadiron ao Paraguai.

Mitre tamén foi o fundador do xornal La Nación, un dos diarios máis influentes da América Latina, que desde 1870 séguese a publicar e foi sempre dirixido polos seus descendentes.

En 1890, fronte á crise do goberno de Miguel Juárez Celman, formou parte da recentemente fundada Unión Cívica, da que logo se separaría a Unión Cívica Radical.

Os seus restos mortais descansan no Cemiterio da Recoleta, na cidade de Buenos Aires.

Presidente da Arxentina

Segue a:
Juan Esteban Pedernera
Bartolomé Mitre
Precede a:
Domingo Faustino Sarmiento
Partido Liberal
Unión Cívica
Unión Cívica Nacional
Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bartolomé Mitre