Ryan O'Neal
(1968) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 20 de abril de 1941 Os Ánxeles |
| Morte | 8 de decembro de 2023 Santa Monica |
| Lugar de sepultura | Westwood Village Memorial Park Cemetery (pt) |
| Educación | University High School (en) Hollywood Professional School (en) Phillips Academy Munich American High School (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Actuación e actuación cinematográfica |
| Ocupación | actor, actor de cinema, actor de televisión, produtor de cinema |
| Período de actividade | 1960 |
| Xénero artístico | Wéstern |
| Instrumento | Saxofón |
| Familia | |
| Cónxuxe | Leigh Taylor-Young (1967–1974), divorcio Joanna Moore (1963–1967), divorcio |
| Parella | Farrah Fawcett (1979–2009) Margaret Trudeau |
| Fillos | Tatum O'Neal ( Griffin O'Neal ( Patrick O'Neal ( Redmond O'Neal ( |
| Pais | Charles O'Neal |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Charles Patrick Ryan O'Neal, nado nos Ánxeles o 20 de abril de 1941 e finado na mesma cidade o 8 de decembro de 2023[1], máis coñecido profesionalmente como Ryan O'Neal, foi un actor estadounidense e antigo boxeador afeccionado.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O'Neal adestrou como boxeador afeccionado antes de comezar a súa carreira como actor en 1960. En 1964 comezou a intepretar o papel de Rodney Harrington na serie da ABC Peyton Place. A serie foi un éxito inmediato e lanzou a carreira de O'Neal. Máis tarde, tamén triunfou na gran pantalla, destacando as súas interpretacións en Love Story (1970), polo cal recibiu nomeamentos ós Oscar e ós Globos de Ouro como mellor actor, What's Up, Doc? (1972), Lúa de papel (1973), Barry Lyndon de Stanley Kubrick (1975) e A Bridge Too Far (1977). Dende 2007, tivo un papel recorrente na serie de televisión Bones, na cal interpreta a Max, o pai da co-protagonista Temperance "Bones" Brennan.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- The Big Bounce (1969)
- The Games (1970)
- Love Story (1970)
- The Moviemakers (1971) (curtametraxe)
- Wild Rovers (1971)
- What's Up, Doc? (1972)
- The Thief Who Came to Dinner (1973)
- Lúa de papel (1973)
- Barry Lyndon (1975)
- Nickelodeon (1976)
- Unha ponte lonxana (1977)
- The Driver (1978)
- A historia de Oliver (1978)
- The Main Event (1979)
- So Fine (1981)
- Green Ice (1981)
- Partners (1982)
- Irreconcilable Differences (1984)
- Fever Pitch (1985)
- Tough Guys Don't Dance (1987)
- Small Sacrifices (1989)
- Chances Are (1989)
- Faithful (1996)
- Hacks (1997)
- Zero Effect (1998)
- An Alan Smithee Film: Burn Hollywood Burn (1998)
- Coming Soon (1999)
- Gentleman B. (2000)
- The List (2000)
- People I Know (2002)
- Malibu's Most Wanted (2003)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Birth Registry, californiabirthindex.org; consultado o 22 de xuño de 2014.