Saltar ao contido

Estado Lara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estado Lara
 Nome orixinal
    Estado Lara (es) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Estado Lara (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe da bandeira
Imaxe do escudo de armas
escudo
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
 Himno
Implicados
 Xefe do goberno
 Órgano lexislativo
Datas
 Fundación / creación
1864 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Capital
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   2.142.583 (2023) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   19.800 km² Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap272744 Editar o valor en Wikidata
VIAF150136176 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02pp6_ Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O estado de Lara, ás veces abreviado Edo Lara, é un dos 23 estados nos que se divide Venezuela. A capital do estado é Barquisimeto. Lara ten unha poboación estimada (2009) de 1.852.875 habitantes.

Administración

[editar | editar a fonte]

Organiza a súa administración e os seus poderes públicos por medio da Constitución do Estado Lara, dictada polo Consejo Legislativo.[1] O Estado está formado por nove municipalidades.

Concellos

[editar | editar a fonte]
  1. Andrés Eloy Blanco (Sanare)
  2. Crespo (Duaca)
  3. Iribarren (Barquisimeto)
  4. Jiménez (Quíbor)
  5. Morán (El Tocuyo)
  6. Palavecino (Cabudare)
  7. Simón Planas (Sarare)
  8. Torres (Carora)
  9. Urdaneta (Siquisique)

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Atópase na rexión centro-occidental de Venezuela, a 800 metros sobre o nivel do mar.

Típica paisaxe árida e seca do Estado na zona do parque nacional Cerro Saroche.

Limita ao norte co estado de Falcón; ao sur cos estados de Portuguesa e Trujillo; ao leste co estado de Yaracuy e ao oeste co estado Zulia. As augas dos ríos do estado desembocan a través de tres vertentes: o Caribe, o Atlántico polo río Orinoco e o lago de Maracaibo.[2]

  • Ríos principais:[3][4] Amarillo, Auro, Aragua, Curarigua, Morere, Tocuyo, Turbio, Urama, Yacambú.
  • Lagoas: Laguna Amarilla, Laguna Cocoy
  • Fervenzas: Cascada del Vino no Parque Nacional de Dinira

Durante tempos coloniais e en boa parte do período da independencia, o actual territorio de Lara pertenceu á provincia de Caracas. En 1824 foi absorbida pola Provincia de Carabobo, creada ese ano. En 1832 tras a desintegración da Gran Colombia, desfíxose tamén a rexión e constituíuse entón na Provincia de Barquisimeto, que comprendía os cantóns de Quíbor, El Tocuyo, Carora e Barquisimeto; ademais doutros que conforman hoxe o estado Yaracuy. En 1856, a través da nova lei de división territorial, San Felipe e Yaritagua uníronse a Nirgua para formar a Provincia de Yaracuy.

No ano 1881 acordouse a creación do Grande Estado Norte-Occidente, ao que se sumaron as zonas de Lara e Yaracuy. En agosto dese mesmo ano atribúeselle o nome de estado de Lara, en homenaxe ao xeneral patriota Jacinto Lara.[1]

Século XX en adiante

[editar | editar a fonte]

En 1899, o congreso estableceu a autonomía dos 20 estados, tal e como contemplaba a constitución de 1864, división que se confirmou en 1909, mediante unha reforma constitucional, que se mantivo até hoxe. A partir dese ano, o Estado de Lara mantén a súa unidade político-territorial.[1]

  1. 1 2 3 "Estado Lara (Venezuela) - EcuRed". www.ecured.cu (en castelán). Consultado o 2022-05-06.
  2. ↑ Vila, Marco Aurelio. 1966. Aspectos Geográficos del Estado Lara. Corporación Venezolana de Fomento. Caracas pp:89.
  3. ↑ Zinck, Alfred. 1986. Ríos de Venezuela. Lagoven, S.A. Caracas. 64p. ISBN 980-259-084-3
  4. ↑ Vila, Marco Aurelio. 1966. Aspectos Geográficos del Estado Lara. Corporación Venezolana de Fomento. Caracas. pp89-100.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.