Saltar ao contido

Bandeira de Castela e León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Castela e León
Bandeira de Castela e León
Características
Uso
Proporción10:13[1]
Adopción1983
Cores     Vermello     Branco     Ouro     Púrpura     Azul     Negro

A bandeira de Castela e León é a bandeira oficial da comunidade autónoma española de Castela e León. Consiste nos escudos acuartelados de Castela, representada por un castelo, e León, representado por un león.

Cristovo Colón levando a bandeira da Coroa de Castela ao chegar ao "Novo Mundo".

O león é atribuído a Afonso VII,[2] quen se converteu en rei de León e Castela en 1126. O símbolo do castelo atribúese ao seu neto Afonso VIII de Castela.[2] En 1230, Fernando III de Castela uniu os dous reinos na Coroa de Castela (1230–1715) e cuartelou as armas como símbolo da unión.[2]

Tres séculos de presenza española no continente americano deixaron unha pegada consistente. En moitas zonas do sur dos Estados Unidos, por exemplo, consérvanse símbolos de ascendencia española no escudo ou símbolos de estados e cidades. Varias cidades, como Os Ánxeles e St. Augustine, Florida, incorporan os símbolos do Reino de Castela nos seus escudos ou bandeiras. Nas exhibicións das seis bandeiras de Texas, que tamén ondearon en St. Augustine, Florida e Luisiana, España adoita estar representada pola bandeira de Castela e León.

Bandeiras históricas

[editar | editar a fonte]

Estandarte real histórico

[editar | editar a fonte]

Bandeiras e emblemas actuais

[editar | editar a fonte]
  1. "Castile and León (Spain)". FOTW.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2008.
  2. 2,0 2,1 2,2 Bandeira, emblema e escudo de armas¡. Junta de Castilla y León website. Consultado o 26 de xaneiro de 2008.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]