Suzi Quatro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Suzi Quatro
2017 Lieder am See - Suzi Quatro - by 2eight - 8SC8448 (cropped).jpg
Nome completoSusan Kay Quatro
Nacemento3 de xuño de 1950
Lugar de nacementoDetroit
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupaciónguitarrista, cantante, cantautora, música, actriz, actriz de teatro, actriz de televisión, locutora de radio e artista discográfico
CónxuxeLen Tuckey e Rainer Haas
Na rede
http://www.suziquatro.com/
IMDB: nm0703001 Rottentomatoes: celebrity/suzi_quatro TV.com: people/suzi-quatro
Facebook: SUZI-QUATRO-OFFICIAL-FAN-CLUB-106218856068295 Twitter: Suzi_Quatro Instagram: suziquatroreal MySpace: mysuziquatro Youtube: UCutQebYflgcV6kCiNKKtbxg Souncloud: suzi-quatro-official Spotify: 15jHZ1EZwmm2QDjKctvqJQ iTunes: 14586001 Last fm: Suzi+Quatro Musicbrainz: 2c16cb3f-e85f-4158-889f-ffc038f5792d Songkick: 126246 Discogs: 227475 Allmusic: mn0000033560 Deezer: 4391 Genius: Suzi-quatro Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Susan Kay "Suzi" Quatro,[1] nada en Detroit o 3 de xuño de 1950, é unha cantautora, baixista e actriz estadounidense-británica, a primeira muller baixista que se converteu nunha estrela de rock coñecida, o que rompeu unha barreira para que as mulleres participasen no rock.[2][3]

Na década de 1970, Quatro tivo unha cadea de éxitos que tiveron máis éxito en Europa e Australia que no seu país. Porén, tras un papel recorrente como a baixista Leather Tuscadero na popular serie estadounidense Happy Days en 1977 e o seu dúo "Stumblin' In" con Chris Norman, que chegou ao número 4 nos Estados Unidos en 1979, fíxose famosa tamén para o público estadounidense.

Entre 1973 e 1980, Quatro recibiu seis premios Bravo Otto. En 2010, foi votada para ser incluída no Salón da Fama do Rock de Míchigan. Vendeu máis de 50 millóns de discos.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Suzi Quatro naceu e criouse en Grosse Pointe, un dos barrios de Detroit, Míchigan.[5] O seu pai, Arthur Quatro, era de ascendencia italiana, e a súa nai era húngara. O apelido familiar era "Quattrocchi", mais foi acurtado a Quatro.[6] A súa irmá Arlene é a nai da actriz Sherilyn Fenn.[7] A súa irmá Patti uniuse a Fanny, un dos primeiros grupos femininos que tivo atención nacional.[8] Quatro ten un irmán, Michael, tamén músico.[9]

O seu pai fundou un grupo chamado Trio Art Quatro, en que Suzi debutou con oito anos.[10] Cunha gran tradición musical na familia, Suzi estudou piano, aínda que se inclinou polo son do rock and roll. Aprendeu a tocar o baixo de forma autodidacta.[11] Comezou a súa carreira nos grupos Pleasure Seekers[12][13] e Cradle, xunto ás súas irmás Patti, Nancy e Arlene.[14] En 1971 mudouse ao Reino Unido después de que a descubrise o produtor musical Mickie Most, que xa era coñecido polo seu traballo co grupo Sweet.

O seu primeiro sinxelo, "Rolling Stone", só triunfou en Portugal, onde chegou a ser número un en vendas.[13] O produtor musical Mickie Most puxo entón en contacto a Quatro co equipo creativo de Nicky Chinn e Mike Chapman, e con eles o seu segundo sinxelo "Can the Can", de 1973, chegou ao número un en Europa e Australia.[15]> A continuación, obtivo tres éxitos máis, "48 Crash", "Daytona Demon" e "Devil Gate Drive", todos con RAK Records. Os seus primeiros dous álbums tamén lograron o éxito en Europa e Australia.

Porén, o éxito non chegaba nos Estados Unidos, a pesar das súas xiras como abreconcertos de Alice Cooper[16] e a partir de 1975 a súa popularidade entrou en declive agás en Australia. Converteuse nesa época en musa e inspiración de Rick Derringer, que deseñou a súa aparencia andróxina como imitación do estilo de Quatro.

En 1978 volveu ao top 10 das listaxes do Reino Unido e de Australia con "If You Can't Give Me Love", sen acadar resonancia nos Estados Unidos; con todo, ao unir esforzos en 1979 con Chris Norman, da banda Smokie, coa canción "Stumblin' In", alcanzou o posto 4 no seu país.[16] En 1985, Quatro colaborou con Bronski Beat e con membros de The Kinks, Eddie & The Hot Rods e Dr. Feelgood nunha versión do clásico de David Bowie Heroes, producida por Mark Cunningham e lanzada en 1986 como sinxelo do programa da BBC Children In Need.

Quatro casou co seu guitarrista Len Tuckey en 1976, tiveron dous fillos (Laura, en 1982, e Richard Leonard, en 1984) e divorciáronse en 1992. Posteriormente, en 1993, casou co promotor de concertos Rainer Haas.

En 2006, Quatro puxo a voz de Rio Rogers no filme Built To Be Wild.[17] En febreiro dese mesmo ano lanzou un disco titulado Back To The Drive, producido por Andy Scott.

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Quatro, Suzi (2008). Unzipped. Londres: Hodder & Stoughton. pp. 334–335. 
  2. Callwood, Brett. "Glycerine queen, forever! - Music - Detroit Metro Times, page 3". metrotimes.com. Scranton, Pennsylvania: Metro Times. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2013. Consultado o 22 de febreiro de 2013. 
  3. Auslander, Philip (28 de xaneiro de 2004). "I Wanna Be Your Man: Suzi Quatro's musical androgyny" (PDF). Popular Music (1 ed.) (Reino Unido: Cambridge University Press) 23: 1–16. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de maio de 2013. Consultado o 25 de abril de 2012. 
  4. Pukas, Anna (25 de xullo de 2013). "Suzi Quatro: the original rock chick". Express.co.uk. 
  5. Jack Lloyd. "Image is Tough for Suzi Quatro." Lexington (KY) Herald, 25 de abril de 1974, p. 20.
  6. Quatro, Suzi (2008) [2007]. Unzipped. Londres: Hodder & Stoughton. p. 10. ISBN 978-0-340-93751-8. 
  7. "Sherilyn Fenn". Filmreference.com. Consultado o 20 de xullo de 2011. 
  8. Anderman, Joan (20 de abril de 2007). "Rocking the Boat". Boston Globe. 
  9. "Michael". Quatrophonic.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2011. Consultado o 20 de xullo de 2011. 
  10. "Quatro, Suzi". Encyclopedia of Popular Music. Oxford Music Online. 7 de abril de 2006. Consultado o 28 de xaneiro de 2013. 
  11. "Glycerine queen, forever!". metrotimes.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2013. Consultado o 28 de xaneiro de 2013. 
  12. Panda, Sergio. "Roxy Roller" (en inglés). Consultado o 2008. 
  13. 13,0 13,1 "Quatro, Suzi". Gale Musician Profiles. Consultado o 1 de xaneiro de 2011. 
  14. "Michigan Rock and Roll Legends – SUZI QUATRO". Michigan: Michigan Rock and Roll Legends. Consultado o 6 de decembro de 2011. 
  15. Murrells, Joseph (1978). The Book of Golden Discs (2nd ed.). London: Barrie and Jenkins Ltd. pp. 334–335, 349. ISBN 978-0-214-20512-5. 
  16. 16,0 16,1 Strong (2000). The Great Rock Discography (5th ed.). Edimburgo: Mojo Books. pp. 785–786. ISBN 978-1-84195-017-4. 
  17. "Bob the Builder: Built to be Wild". Toonhound.com. 8 de xullo de 2006. Consultado o 20 de xullo de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]