The Go-Go's é unha banda estadounidense de new wave formada nos Ánxeles, California en 1978.[1] The Go-Go's acadaron a fama a principios dos anos 80 e foi a primeira, e ata a data a última, banda de mulleres que tanto compoñían as súas propias cancións como tocaban todos os instrumentos en chegar ao número 1 das listas da Billboard.[2]
O seu álbum de estrea de 1981, Beauty and the Beat, é considerado un dos álbums angulares do new wave estadounidense,[3] rimpendo barreiras e abrindo o camiño para unha serie de novos artistas. Cando o álbum foi editado, subiu constantemente na lista Billboard 200, chegando finalmente ao número 1, onde estivo seis semanas seguidas. O disco vendeu máis de 2 millóns de copias e chegou a ser dobre platino,[4] sendo uns dos álbums de estrea máis exitosos de todos os tempos. O grupo foi nomeado ao premio de "Mellor artista novo" da 24º edición dos Grammy, celebrada en 1982.. The Go-Go's levan vendidos máis de 7 millóns de discos en todo o mundo.[5]
The Go-Go's separouse en 1985 pero reuniuse varias veces durante os anos 90, gravando novo material e saíndo de xira. Aínda que as súas actuacións de 2016 foron vendidas como unha xira de despedida, a banda segue activa de forma esporádica.
↑Peter Buckley; Ben Browton; Jill Furmanovsky; Charlie Gillett (novembro de 2003). The Rough Guide Rock: The Definitive Guide to More than 1200 Artists and Bands. Rough Guides. p. 430. ISBN 978-1-84353-105-0