Saltar ao contido

Au Pairs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Au Pairs
OrixeBirmingham, Inglaterra Inglaterra
Período1979 - 1983
Xénero(s)post-punk
MembrosLesley Woods
Paul Foad
Jane Munro
Pete Hammond
Na rede
Facebook: Au-Pairs-136322230104 MySpace: aupairs Spotify: 5nGQE2ehuRkkK1iNUQQthd Musicbrainz: d350bc0e-10bb-47f1-9027-d1f011ae9aa8 Songkick: 390839 Discogs: 73203 Deezer: 288413 Editar o valor en Wikidata

Au Pairs foi unha banda de post-punk inglesa formada en Birmingham en 1979 e activa ata o ano 1983. Estivo composta por Lesley Woods (guitarra/voces), Paul Foad guitarra/voces), Jane Munro (baixo) e Pete Hammond (batería).

O seu primeiro álbum, Playing with a Different Sex, é considerado un clásico dentro do post-punk. O segundo disco da banda, Sense and Sensuality, ten unha grande influencia do jazz, do soul, do funk e da música disco, pero non foi tan ben recibido como o anterior. A banda separouse no ano 1983, xusto antes de entrar novamente no estudio para gravar co produtor Steve Lillywhite.

Lesley Woods formou unha banda toda de mulleres chamada The Darlings a finais dos 80, pero acabou por deixar a industria da música. Na actualidade traballa como avogada en Londres. O guitarrista Paul Foad aínda está activo como músico, tocando con Andy Hamilton and the Blue Notes, unha banda xamaicana de jazz, e dando clases de guitarra na zona de Birmingham. Tamén publicou un libro sobre técnicas de guitarra, co-escrito con Stuart Ritchie, titulado The Caged Guitarist (2000). A baixista Jane Munro traballa como terapeuta alternativa (aromaterapia, reflexoloxía e masaxe de cabeza indio) en Birmingham. Pete Hammond tamén segue sendo músico, e ensina percusión en Birmingham.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Playing with a Different Sex 1981 Human Records
Sense and Sensuality 1982 Kamera Records

Directos e recompilatorios

[editar | editar a fonte]