Balbino Cerdeiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Balbino Cerdeiras Rey»)
Infotaula de personaBalbino Cerdeiras
Biografía
Nacemento1903 Editar o valor em Wikidata
Viveiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de maio de 1937 Editar o valor em Wikidata (33/34 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónodontólogo , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Balbino Cerdeiras Rey, nado en Viveiro en 1903 e finado en Lugo o 12 de maio de 1937, foi un dentista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estivo emigrado en Cuba. Regresou a Viveiro e na Segunda República militou no Partido Galegista. Co triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro en representación do Partido Galeguista polo gobernador civil,[1] e alcalde de Viveiro en abril de 1936.[2] Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido con algúns concelleiros o 27 de xullo, permaneceu en situación de arresto domiciliario durante varios días, até que ingresou no cárcere a principios de agosto. Foi xulgado en consello de guerra, xunto con outros membros da corporación municipal, acusado de rebelión militar o 11 de marzo de 1937.[3] Condenado a pena de morte, foi fusilado en Lugo o 12 de maio de 1937.

Homenaxes[editar | editar a fonte]

O paseo fluvial que percorre o río Landro dende Verxeles até Portochao leva, dende o ano 2007, o seu nome,[4] ademais recibiu diversas homenaxes, xunto con outros represaliados polo franquismo, a último realizada por Galiza Nova o 18 de decembro de 2010.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 7-3-1936, p. 2.
  2. David Simón Lorda. Ourense Dixital, ed. "Médicos ourensáns represaliados na guerra civil e na posguerra". Consultado o 22 de xaneiro de 2013. 
  3. El Compostelano, 12-3-1937, p. 2.
  4. La Voz de Galicia, ed. (24 de outubro de 2007). "El paseo del Landro lleva el nombre del último alcalde republicano". Consultado o 22 de xaneiro de 2013. 
  5. La Voz de Galicia, ed. (12 de decembro de 2010). "Galiza Nova renderá homenaxe en Viveiro aos represaliados do franquismo". Consultado o 22 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
José Santiago Seijo
 
Alcalde de Viveiro
 
1936
Sucesor:
Salvador Pérez-Labarta Pillado