Salvador Pérez-Labarta Pillado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSalvador Pérez-Labarta Pillado

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de maio de 1909 Editar o valor em Wikidata
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de novembro de 1938 Editar o valor em Wikidata (29 anos)
Provincia de Lleida, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , político Editar o valor em Wikidata

Salvador Pérez-Labarta Pillado, nado en Ribadeo o 25 de maio de 1909 e finado na provincia de Lleida o 10 de novembro de 1938, foi un xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Salvador Pérez Labarta, farmacéutico de Ribadeo, e Remedios Pillado Miranda, dona do pazo de Grallal. Fixo o bacharelato en Lugo. Membro da Juventud Católica de Viveiro, foi director de Heraldo de Vivero en 1929.[1] Na República foi correspondente de Alborada en Viveiro, onde publicou varios artigos. Militante do Bloque Nacional, foi elixido presidente do comité de Viveiro en decembro de 1935.[2] Despois afiliouse a Falange.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Viveiro a principios de agosto.[3] Cesou ao pouco tempo para marchar á fronte. Fíxose alférez provisional de Infantería na Academia de Granada, participou nalgúns combates e foi ferido, retornando a Lugo onde estivo hospitalizado. Colaborou en El Pueblo Gallego, Martín Codax, Imperio, Cartel, e deu un ciclo de "charlas nacionalsindicalistas" en Radio Lugo.[4] Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en xaneiro de 1938.[5] Volveu á fronte como oficial da Lexión Española o e morreu na fronte do Segre o 10 de novembro de 1938.[6]

O seu irmán José María Pérez-Labarta Pillado, que ao mando dun grupo de falanxistas asaltou os locais de Unión Radio de Valencia o 10 de xullo de 1936, foi detido, xulgado e condenado a morte, sendo fusilado en Valencia o 30 de decembro de 1936.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O concello de Viveiro deulle o nome Hermanos Pérez Labarta a unha rúa en Covas en 1943,[7] e colocou no salón de sesións unha lápida de mármore na súa honra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Correo de Galicia, 22-12-1929, p. 10.
  2. Alborada, 28-12-1935, p. 1.
  3. El Progreso, 5-8-1936, p. 4.
  4. El Progreso, 14-7-1937, p. 4.
  5. El Pueblo Gallego, 25-1-1938, p. 7.
  6. El Progreso, 15-11-1938, p. 1.
  7. El Progreso, 31-10-1943, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Donapétry, Juan (1951). "Juan Dutton y sus descendientes". Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo IV (36): 263–267. 


Predecesor:
Balbino Cerdeiras Rey
 
Alcalde de Viveiro
 
1936
Sucesor:
Ramón Palmeiro Maseda