Saltar ao contido

Auki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAuki
Imaxe

Localización
Mapa
 8°46′06″S 160°41′49″L / -8.7683, 160.6969
Reinos da CommonwealthIllas Salomón
Provincias das Illas SalomónMalaita, Illas Salomón
IllaMalaita Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación6.811 (2009) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Altitude157 m Editar o valor en Wikidata

Auki é unha cidade das Illas Salomón. É a capital provincial da illa de Malaita. Sitúase na costa noroeste da illa. Hai voos diarios, como tamén traxectos regulares en barco, que conectan a cidade coa capital do país, Honiara, na illa de Guadalcanal. A súa poboación estimada no 2010 era de 6 811 habitantes.[1]

O parlamentario electo nas eleccións de 2006 pola circunscrición Auki-Langalanga foi o ex primeiro ministro Bartholomew Ulufa'alu, falecido o 25 de maio de 2007.