Attilio Stazio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAttilio Stazio
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1923
Nápoles, Italia Editar o valor em Wikidata
Morte7 de marzo de 2010 (86 anos)
Nápoles.
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Italiana
EducaciónUniversidade de Nápoles.
Actividade
Campo de traballoNumismática, arqueoloxía e historiografía.
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorIstituto per la Storia e l'Archeologia della Magna Grecia.
Istituto Italiano di Numismatica.
Circolo numismatico pugliese.
Membro de
Società Magna Grecia.
Società Napoletana di Storia Patria.
Sociedade Numismática Romanesa.
Royal Numismatic Society.
American Numismatic Society.
Influencias
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Premios
1995: Arialdo Tarsitano.
2009: Maestri di numismatica.


Attilio Stazio, nado en Nápoles o 18 de xuño de 1926 e finado na mesma cidade o 7 de marzo de 2010, foi un historiador, arqueólogo e numismático italiano especializado na Magna Grecia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Attilio Stazio, nado en Nápoles o 18 de xuño de 1923, cursou o seu ensino superior na Universidade de Nápoles, onde en 1943 se licenciou en Estudos Clásicos.[1] Alí tivo como profesora a Laura Breglia, con quen se formou en numismática da antiga Grecia e da Antiga Roma.[2]

Logo ingresou na Superintendencia de Antigüidades de Campania, onde en 1952 chegou a ser o director da súa colección numismática. De aí pasou á dirección do Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles. Ocupou tamén o cargo de superintendente de Antigüidades de Puglia e Matera.[1][3]

No ámbito académico, a partir de 1960 comezou a impartir conferencias sobre Numismática Grega e Romana de xeito independente. Posteriormente exerceu a docencia destas materias nas Universidades de Bari, Catania, Lecce e finalmente Nápoles.[1][3]

No seu país, pertenceu ao Instituto Italiano de Prehistoria e Protohistoria, e foi membro tamén da Academia de Arqueoloxía, Letras e Belas Artes de Nápoles. Foi primeiro secretario e logo presidente do Instituto de Historia e Arqueoloxía da Magna Grecia (ISAMG), e entre 1961 e 2009 encargouse da organización das Xornadas de Estudos sobre a Magna Grecia, celebradas anualmente en Tarento.[1][3] A biblioteca do ISAMG foi denominada "Biblioteca Attilio Stazio", na honra so seu expresidente.[4]

Stazio foi tamén membro da xunta directiva da Sociedade Magna Grecia[5] e da Sociedade Napolitana de Historia Patria.[6]

No ámbito numismático, en 1954 ingresou no Circolo numismatico pugliese;[2] logo foi director do Centro Internacional de Estudos Numismáticos, de Nápoles, e presidente do Instituto Italiano de Numismática (desde 1991),[7] de Roma, e do Círculo Numismático Napolitano.[1]

Entre outras sociedades e entidades asociativas estranxeiras, Stazio foi membro do Instituto Arqueolóxico Alemán, da Sociedade Numismática Romanesa, da American Numismatic Society de Nova York, e da Royal Numismatic Society de Londres.[1]

Attilio Stazio finou o 7 de marzo de 2010 en Nápoles, na súa residencia de Via Posillipo, aos 86 anos.[1][3]

Honras e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 1995: Premio internacional Colonie Magna Grecia "Arialdo Tarsitano", de Rotary International.[8]
  • 2006: Medalla de Ouro ao Mérito na Cultura e a Arte, do Ministerio de Cultura italiano.[9]
  • 2008: Cidadán Honorario de Tarento.[1][3]
  • 2009: Premio Maestri di numismatica, do Circolo numismatico pugliese.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma das publicacións sobre numismática realizadas por Attilio Stazio ao longo da súa traxectoria:[2][10]

Escolma de artigos[editar | editar a fonte]

Compilacións[editar | editar a fonte]

Monografías[editar | editar a fonte]

  • (1957). Ripostigli di vittoriati nel Museo nazionale di Napoli. Istituto Italiano di Numismatica, Roma.
  • (1988). Magna Grecia (con G. Vallet). IASM / Edizioni del Sole, Nápoles.
  • (1988). Via Appia. IASM / Edizioni del Sole, Nápoles.
  • (1990). Magna Grecia Epiro e Macedonia (ed., con M. L. Napolitano). ISAMG. ISBN 978-8898066223

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "Attilio Stazio". ClaudioGrenziEditore.it
  2. 2,0 2,1 2,2 "Stazio, Attilio (1923-2010)". Persee.fr
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Lippo, A. (2010). "Scomparso Attilio Stazio". En Positano News. 11 de marzo de 2010.
  4. "Biblioteca 'Attilio Stazio'". Istituto per la Storia e l'Archeologia della Magna Grecia (ISAMG).
  5. "Comitato directivo della società". En Atti e memorie della Società Magna Grecia (2008-2010). Società Magna Grecia, Roma (2010).
  6. "Consiglio direttivo". Società Napoletana di Storia Patria (SNSP).
  7. "Istituto Italiano di Numismatica". En Anuario. Nº 49. Unione Internazionale degli Istituti di Archeologia, Storia e Storia dell'Arte in Roma. Roma. 2007. Páxina 327.
  8. La Greca, F. (2007). "Premio internazionale Magna Grecia". En Bollettino Speciale. Rotary Club Putignano. Páxina 8.
  9. "Medaglia d'Oro ai Benemeriti della Cultura e dell'Arte". Presidenza della Repubblica (Quirinale.it).
  10. "Stazio, Attilio". WorldCat.org

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]