Athol Fugard
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de xuño de 1932 Middelburg |
| Morte | 8 de marzo de 2025 Stellenbosch |
| Educación | Universidade de Cidade do Cabo - sen valor (–1953) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Dramaturxia, Escrita creativa e profesional, teatro, dirección teatral e actuación |
| Ocupación | escritor, actor de teatro, director de cinema, actor, profesor universitario, director de teatro, actor de cinema, dramaturgo, novelista, director teatral, guionista, xornalista, realizador |
| Período de actividade | (Con vida en: 2014 |
| Empregador | Universidade de Cidade do Cabo |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Dramaturxia |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Cónxuxe | Paula Fourie (2016–2025), morte da persoa Sheila Fugard (1956–2015), divorcio |
| Fillos | Lisa Fugard ( |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, |
Harold Athol Lannigan Fugard, nado en Middleburg o 11 de xuño de 1932 e finado en Stellenbosch o 8 de marzo de 2025,[1] foi un dramaturgo surafricano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pasou a infancia en Porto Elizabeth, estudou nunha escola católica e comezou estudos na Universidade de Cidade do Cabo, aínda que non rematou e durante un tempo formou parte da tripulación dun navío e viaxou por todo o mundo. Xa en terra estableceuse en Port Elizabeth e en Xohanesburgo traballou nos xulgados ao tempo que dirixía a un grupo de actores negros para os que escribiu a súa primeira obra, No Good Friday, e tomaba partido contra as leis do apartheid e en 1962 apoiou un boicot internacional contra os teatros segregados. En 1992 dirixiu a versión cinematográfica dunha das súas obras, The Road to Mecca
A súa dona Sheila Fugard e a súa filla Lisa Fugard son tamén escritoras.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Maako, Compiled by Keitumetse. "Internationally acclaimed playwright Athol Fugard dies at 92". Life (en inglés). Consultado o 2025-03-09.
{{ORDENAR:Fugard, Athol]]