Atentados de Bruxelas de 2016

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atentados de Bruxelas de marzo de 2016
Lugar Bruxelas Bélxica Bélxica
Coordenadas50°52′37″N 4°25′54″L / 50.876833333333, 4.4315833333333Coordenadas: 50°52′37″N 4°25′54″L / 50.876833333333, 4.4315833333333
Data22 de marzo de 2016
8:00 a.m. -tempo aproximado- (Bruxelas, Madrid)
Tipo de ataqueAtaque terrorista suicida
Arma(s)Bombas
Mortos33 (31 vítimas e 2 terroristas)[1]
Feridos250 persoas[1]
Sospeitoso(s)Estado Islámico
Motivoxihadismo
editar datos en Wikidata ]

Os atentados de Bruxelas de marzo de 2016 tiveron lugar o día 22 de marzo de 2016 no aeroporto e varias estacións do metro de Bruxelas, onde finaron polo menos 33 persoas e 250 resultaron feridas.[2][3]

Ataques[editar | editar a fonte]

Imaxe do aeroporto de Bruxelas.

Aeroporto[editar | editar a fonte]

Houbo dúas explosións no Aeroporto de Bruxelas pouco despois das oito da mañá.[4] Unha delas na terminal internacional de saídas, preto dos mostradores de American Airlines e SN Brussels Airlines. Segundo os medios franceses, a outra explosión tivo lugar na pista.[5] As autoridades belgas confirmaron que as explosións foron provocadas por un terrorista suicida.[5]

Metro[editar | editar a fonte]

Imaxe da estación de Maelbeek.

Unha explosión tivo lugar no traxecto entre as estacións de metro de Maelbeek e Schuman, preto do Parlamento Europeo, ás 09:11 CET.[5][6] O Metro de Bruxelas foi pechado como consecuencia da explosión.[5][7]

Vítimas[editar | editar a fonte]

Mortos por país de orixe
Nacionalidade Morte
Por determinar 30
Perú * 1[8]
Total 31[8]
* Algunhas vítimas teñen máis dunha nacionalidade. Os datos están baseados nos datos preliminares e poden estar incompletos.

Nos atentados, polo menos 33 persoas, incluíndo os dous terroristas suicidas, resultaron mortos e outras 250 persoas feridas, algunhas delas de xeito crítico.[9] Trece persoas morreron no Aeroporto de Bruxelas, mentres que os outros 20 morreron na estación de metro.[10] 81 persoas resultaron feridas no aeroporto, mentres que o resto, resultaron feridas no metro.[11] Este atentado foi o máis grave sufrido en Bélxica en toda a súa historia.[5][12]

Autores[editar | editar a fonte]

Fotograma dunha cámara de seguridade do aeroporto no que se poden ver os tres sospeitosos de realizar o atentado (Khalid e Brahim el-Bakraoui, e Najim Laachraoui (dereita).

Sospéitase que os irmáns, Khalid e Brahim el-Bakraoui, foron os terroristas suicidas que fixeron estoupar as bombas no aeroporto de Bruxelas.[13] Un terceiro home, foi visto xunto a eles nas gravacións de seguridade do aeroporto,[5][14] e foi identificado como Najim Laachraoui.[13][15] A policía belga emitiu unha orde de captura contra el.[16] Estes homes están relacionados coa mesma célula terrorista que perpetrou os ataques terroristas de París en novembro de 2015.[17]

No vídeo de seguridade, os tres homes aparecen empuxando un carro con maletas, nas que se cre que estaban aloxadas as bombas. Segundo o taxista que os levou ao aeroporto, tratou de axudalos coas maletas, pero eles negáronse.[18] Os irmáns el-Bakroui levan un guante na man esquerda, que segundo se cre, serviu para ocultar o detonador.[19]

Horas despois dos atentados, a policía foi levada a un domicilio en Schaerbeek, situado ao norte de Bruxelas, polo condutor do taxi que levou aos sospeitosos ao aeroporto.[18] Tras entrar no domicilio, atoparon restos de materiais químicos, unha bandeira do Estado Islámico, entre outros materiais explosivos.[5]

Laachraoui foi arrestado no suburbio bruxelés de Anderlecht o 23 de marzo.[15][20][21]

Reaccións[editar | editar a fonte]

Bélxica[editar | editar a fonte]

O Órgano de Coordinación para a Análise da Ameaza (OCAM polas súas siglas en francés) activou o nivel 4 de alerta en todo o territorio nacional de Bélxica.[22]

Os voos, instalacións ferroviarias, metro e demais instalacións de transporte, así como colexios e instalacións públicas foron pechadas.[23] Así mesmo, o Parlamento Europeo foi evacuado e todas as reunións foron canceladas.[24] O campus da ULB (Universidade libre de Bruxelas) foi evacuado[25].

O Ministro de Interior belga anunciou que o nivel de alerta terrorista sería elevado ao máximo por mor dos ataques.[26]

Israel[editar | editar a fonte]

Pouco despois de coñecerse a noticia das explosións, Israel emitiu unha prohibición a todos os voos procedentes de Europa. A prohibición ten vixencia desde as 10:30 ata a media noite (hora de Israel). Esta prohibición non afecta aos voos saíntes do país.[27]

Países Baixos[editar | editar a fonte]

Na fronteira entre Bélxica e os Países Baixos viuse reforzada a presenza policial.[28] A seguridade reforzouse no Aeroporto de Schiphol.[29] A seguridade tamén se viu reforzada nas catro principais estacións de tren e nas estacións fronteirizas con Bélxica.[30]

Francia[editar | editar a fonte]

A fronteira entre Francia e Bélxica pechouse.[31] O Ministro de Interior de Francia, Bernard Cazeneuve indicou que Francia aumentará a presenza policial nas fronteiras, e será obrigatorio levar tarxetas de identificación no transporte público.[32]

O Primeiro Ministro Manuel Valls afirmou que Europa está en guerra desde hai varios meses.[33] Pola súa banda, a alcaldesa de París Anne Hidalgo, anunciou que a Torre Eiffel iluminarase coas cores da bandeira de Bélxica a tarde do 22 de marzo.[34]

A estación de tren parisiense, Gare du Nord que ofrece servizos ata Bruxelas foi pechada de xeito temporal.[35]

Reino Unido[editar | editar a fonte]

No Reino Unido a seguridade aumentou no Aeroporto de Gatwick.[4] O Primeiro Ministro David Cameron convocou o comité de emerxencia para analizar a situación.[36]

España[editar | editar a fonte]

Unha primeira comparecencia do Ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación, José Manuel García-Margallo responsabiliza ao grupo DAESH dos atentados.[37]

Europa[editar | editar a fonte]

Todas as bolsas europeas rexistraron fortes caídas tras coñecerse a noticia.[38]

Redes sociais[editar | editar a fonte]

Horas despois do atentado o cancelo #JeSuisBruxelles e imaxes de Tintín chorando foron utilizadas nas redes sociais como reacción dos cidadáns fronte ao masacre.[39][40][41][42][43]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Attentat suicide à Zaventem confirmé, explosion à Maelbeek: respectivement 11 et 15 morts" (en French). 2016-03-22. 
  2. "El Progreso". 22 de marzo de 2016. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  3. "CNN" (en inglés). 22 de marzo de 2016. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  4. 4,0 4,1 "Brussels Zaventem airport and metro explosions 'kill at least 13'". BBC. 22 March 2016. Consultado o 22 March 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Matthew Weaver (22 de marzo de 2016). "Brussels Airport explosions – live updates". The Guardian. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  6. hrt. "Vrees voor doden bij explosie in metrostation Maalbeek". De Standaard. 
  7. @STIBMIVB (22 de marzo de 2016). "All metro stations are closing" (Chío) – vía Twitter. 
  8. 8,0 8,1 deredactie.be, ed. (23 de marzo de 2016). "Peruviaanse moeder onder slachtoffers van Zaventem" (en dutch). 
  9. Gillian Mohney (22 March 2016). "Brussels Attack: What We Know About the Americans Injured". ABC News. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  10. Victoria Shannon (22 de marzo de 2016). "Brussels Attacks: What We Know and Don’t Know". The New York Times. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  11. Kim Hjelmgaard; Delphine Reuter; John Bacon (22 March 2016). "Islamic State claims responsibility for Brussels attack that killed dozens". USA Today. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  12. Neuger, James. "Belgium's Worst Terror Attack Ever Leaves 31 Dead in Brussels". Bloomberg Business. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  13. 13,0 13,1 "Brussels attacks: 'Two brothers' behind airport suicide bombings". BBC News. 23 March 2016. Consultado o 23 March 2016. 
  14. Bill Chappell (22 March 2016). "Terrorist Bombings Strike Brussels: What We Know". NPR. Consultado o 22 March 2016. 
  15. 15,0 15,1 "Exclusif: Najim Laachraoui arrêté à Anderlecht ! (DIRECT)". DH. 23 March 2016. Consultado o 23 March 2016. 
  16. "Brussels attacks: Police hunt Zaventem bombings suspect". BBC News. 22 March 2016. Consultado o 22 March 2016. 
  17. Michael Isikoff (22 March 2016). "U.S. officials believe more terrorists tied to Brussels attack are at large, plotting new strikes". Yahoo! News. Consultado o 22 March 2016. 
  18. 18,0 18,1 David Lawler; Danny Boyle (22 March 2016). "Brussels attacks: 34 killed and hundreds wounded as Islamic State claims responsibility for airport and Metro bombings – live". The Daily Telegraph. Consultado o 22 March 2016. 
  19. "This detail about how the suspected Brussels suicide bombers wore their gloves might have been a giveaway". Business Insider. Consultado o 22 March 2016. 
  20. "Brussels attacks: Fugitive Najim Laachraoui 'arrested in Anderlecht by special forces unit' according to reports - latest". The Telegraph. 22 March 2016. 
  21. "Brussels airport attacker 'arrested'". BBC News. 23 March 2016. Consultado o 23 March 2016. 
  22. "Attaques de Bruxelles: la police de Mons-Quévy ferme ses commissariats de proximité" (en francés). La Province. 22 de marzo de 2016. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  23. "Bélgica cancela la circulación del metro en Bruselas ante el riesgo "inminente" de atentados". Público. 22 de marzo de 2016. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  24. De Diego, Sara (22 de marzo de 2016). "Al menos 23 muertos en el aeropuerto y una estación de metro de Bruselas". El Confidencial. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  25. "Contraints par les dernières... - ULB-Université libre de Bruxelles | Facebook". Consultado o 2016-03-22. 
  26. "Deadly explosions rock Brussels Airport". CBS News. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  27. ""Israel Bans Incoming Flights from Europe (Temporarily)"". Consultado o 22 March 2016. 
  28. "Brussels Blasts Knock Air Travel EU-Wide". Sky News. 22 March 2016. Consultado o 22 March 2016. 
  29. "Schiphol verscherpt maatregelen". Telegraaf (en neerlandés). Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2016. Consultado o 2016-03-22. 
  30. "Rutte: aanslagen Brussel aanval op vrijheid en veiligheid". nos.nl. Consultado o 2016-03-22. 
  31. "Conflict News (@Conflicts) - Twitter". twitter.com. Consultado o 2016-03-22. 
  32. @SkyNews (22 de marzo de 2016). "French Interior Minister Bernard Cazeneuve talks French response to #Maalbeek and #Zaventem attacks" (Chío) – vía Twitter. 
  33. "LVdG Directo". Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  34. "Liveblog zu Attentaten in Brüssel" (en German). Tagesschau. 22 March 2016. Consultado o 22 March 2016. 
  35. "Brussels explosions: Full list of Zaventem airport diverted, cancelled and arrived flights". International Business Times UK. Consultado o 2016-03-22. 
  36. Ashley Cowburn (22 March 2016). "Brussels attacks live updates: ‘Around 23 dead and 35 injured’ after three explosions around city". Consultado o 22 March 2016. 
  37. "Margallo responsabiliza a Daesh de los atentados de Bruselas". Eldiario.es. 22 de marzo de 2016. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  38. "Nuevo revés bursátil a las empresas más vinculadas al turismo". Expansión. 22 de marzo de 2016. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  39. "#JeSuisBruxelles messages flood social media after terror attack". USA TODAY. 22 March 2016. 
  40. "Social media users share crying Tintin in Brussels aftermath". Yahoo News. 22 March 2016. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2016. 
  41. "Brussels attack: #JeSuisBruxelles dominates social media". 22 March 2016. 
  42. Christina Zdanowicz CNN (22 March 2016). "World mourns for Brussels on social media". WBAL-TV. 
  43. Samuel Osborne (23 March 2016). "Brussels bombings: Social media reaction to attacks criticised as disproportionate compared to Ankara". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2018. Consultado o 23 de marzo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]