Atentados de Bruxelas de 2016
| Atentados de Bruxelas de 2016 | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons |
Os atentados de Bruxelas de marzo de 2016 tiveron lugar o día 22 de marzo de 2016 no aeroporto e varias estacións do metro de Bruxelas, onde finaron polo menos 33 persoas e 250 resultaron feridas.[1][2]
Ataques
[editar | editar a fonte]
Aeroporto
[editar | editar a fonte]Houbo dúas explosións no Aeroporto de Bruxelas pouco despois das oito da mañá.[3] Unha delas na terminal internacional de saídas, preto dos mostradores de American Airlines e SN Brussels Airlines. Segundo os medios franceses, a outra explosión tivo lugar na pista.[4] As autoridades belgas confirmaron que as explosións foron provocadas por un terrorista suicida.[4]
Metro
[editar | editar a fonte]
Unha explosión tivo lugar no traxecto entre as estacións de metro de Maelbeek e Schuman, preto do Parlamento Europeo, ás 09:11 CET.[4][5] O Metro de Bruxelas foi pechado como consecuencia da explosión.[4][6]
Vítimas
[editar | editar a fonte]| Nacionalidade | Morte | ||
|---|---|---|---|
| Por determinar | 30 | ||
| 1[7] | |||
| Total | 31[7] | ||
| * Algunhas vítimas teñen máis dunha nacionalidade. Os datos están baseados nos datos preliminares e poden estar incompletos. | |||
Nos atentados, polo menos 33 persoas, incluíndo os dous terroristas suicidas, resultaron mortos e outras 250 persoas feridas, algunhas delas de xeito crítico.[8] Trece persoas morreron no Aeroporto de Bruxelas, mentres que os outros 20 morreron na estación de metro.[9] 81 persoas resultaron feridas no aeroporto, mentres que o resto, resultaron feridas no metro.[10] Este atentado foi o máis grave sufrido en Bélxica en toda a súa historia.[4][11]
Autores
[editar | editar a fonte]
Sospéitase que os irmáns, Khalid e Brahim el-Bakraoui, foron os terroristas suicidas que fixeron estoupar as bombas no aeroporto de Bruxelas.[12] Un terceiro home, foi visto xunto a eles nas gravacións de seguridade do aeroporto,[4][13] e foi identificado como Najim Laachraoui.[12][14] A policía belga emitiu unha orde de captura contra el.[15] Estes homes están relacionados coa mesma célula terrorista que perpetrou os ataques terroristas de París en novembro de 2015.[16]
No vídeo de seguridade, os tres homes aparecen empuxando un carro con maletas, nas que se cre que estaban aloxadas as bombas. Segundo o taxista que os levou ao aeroporto, tratou de axudalos coas maletas, pero eles negáronse.[17] Os irmáns el-Bakroui levan un guante na man esquerda, que segundo se cre, serviu para ocultar o detonador.[18]
Horas despois dos atentados, a policía foi levada a un domicilio en Schaerbeek, situado ao norte de Bruxelas, polo condutor do taxi que levou aos sospeitosos ao aeroporto.[17] Tras entrar no domicilio, atoparon restos de materiais químicos, unha bandeira do Estado Islámico, entre outros materiais explosivos.[4]
Laachraoui foi arrestado no suburbio bruxelés de Anderlecht o 23 de marzo.[14][19][20]
Reaccións
[editar | editar a fonte]Bélxica
[editar | editar a fonte]O Órgano de Coordinación para a Análise da Ameaza (OCAM polas súas siglas en francés) activou o nivel 4 de alerta en todo o territorio nacional de Bélxica.[21]
Os voos, instalacións ferroviarias, metro e demais instalacións de transporte, así como colexios e instalacións públicas foron pechadas.[22] Así mesmo, o Parlamento Europeo foi evacuado e todas as reunións foron canceladas.[23] O campus da ULB (Universidade libre de Bruxelas) foi evacuado[24].
O Ministro de Interior belga anunciou que o nivel de alerta terrorista sería elevado ao máximo por mor dos ataques.[25]
Israel
[editar | editar a fonte]Pouco despois de coñecerse a noticia das explosións, Israel emitiu unha prohibición a todos os voos procedentes de Europa. A prohibición ten vixencia desde as 10:30 ata a media noite (hora de Israel). Esta prohibición non afecta aos voos saíntes do país.[26]
Países Baixos
[editar | editar a fonte]Na fronteira entre Bélxica e os Países Baixos viuse reforzada a presenza policial.[27] A seguridade reforzouse no Aeroporto de Schiphol.[28] A seguridade tamén se viu reforzada nas catro principais estacións de tren e nas estacións fronteirizas con Bélxica.[29]
Francia
[editar | editar a fonte]A fronteira entre Francia e Bélxica pechouse.[30] O Ministro de Interior de Francia, Bernard Cazeneuve indicou que Francia aumentará a presenza policial nas fronteiras, e será obrigatorio levar tarxetas de identificación no transporte público.[31]
O Primeiro Ministro Manuel Valls afirmou que Europa está en guerra desde hai varios meses.[32] Pola súa banda, a alcaldesa de París Anne Hidalgo, anunciou que a Torre Eiffel iluminarase coas cores da bandeira de Bélxica a tarde do 22 de marzo.[33]
A estación de tren parisiense, Gare du Nord que ofrece servizos ata Bruxelas foi pechada de xeito temporal.[34]
Reino Unido
[editar | editar a fonte]No Reino Unido a seguridade aumentou no Aeroporto de Gatwick.[3] O Primeiro Ministro David Cameron convocou o comité de emerxencia para analizar a situación.[35]
España
[editar | editar a fonte]Unha primeira comparecencia do Ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación, José Manuel García-Margallo responsabiliza ao grupo DAESH dos atentados.[36]
Europa
[editar | editar a fonte]Todas as bolsas europeas rexistraron fortes caídas tras coñecerse a noticia.[37]
Redes sociais
[editar | editar a fonte]Horas despois do atentado o cancelo #JeSuisBruxelles e imaxes de Tintín chorando foron utilizadas nas redes sociais como reacción dos cidadáns fronte ao masacre.[38][39][40][41][42]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Progreso". 22 de marzo de 2016. Consultado o 22 de marzo de 2016.
- ↑ "CNN" (en inglés). 22 de marzo de 2016. Consultado o 22 de marzo de 2016.
- 1 2 "Brussels Zaventem airport and metro explosions 'kill at least 13'". BBC. 22 March 2016. Consultado o 22 March 2016.
- 1 2 3 4 5 6 7 Matthew Weaver (22 de marzo de 2016). "Brussels Airport explosions – live updates". The Guardian. Consultado o 22 de marzo de 2016.
- ↑ hrt. "Vrees voor doden bij explosie in metrostation Maalbeek". De Standaard.
- ↑ @STIBMIVB (22 de marzo de 2016). "All metro stations are closing" (Chío) – vía Twitter.
- 1 2 deredactie.be, ed. (23 de marzo de 2016). "Peruviaanse moeder onder slachtoffers van Zaventem" (en dutch).
- ↑ Gillian Mohney (22 March 2016). "Brussels Attack: What We Know About the Americans Injured". ABC News. Consultado o 22 de marzo de 2016.
- ↑ Victoria Shannon (22 de marzo de 2016). "Brussels Attacks: What We Know and Don’t Know". The New York Times. Consultado o 22 de marzo de 2016.
- ↑ Kim Hjelmgaard; Delphine Reuter; John Bacon (22 March 2016). "Islamic State claims responsibility for Brussels attack that killed dozens". USA Today. Consultado o 22 de marzo de 2016.
- ↑ Neuger, James. "Belgium's Worst Terror Attack Ever Leaves 31 Dead in Brussels". Bloomberg Business. Consultado o 22 de marzo de 2016.
- 1 2 "Brussels attacks: 'Two brothers' behind airport suicide bombings". BBC News. 23 March 2016. Consultado o 23 March 2016.
- ↑ Bill Chappell (22 March 2016). "Terrorist Bombings Strike Brussels: What We Know". NPR. Consultado o 22 March 2016.
- 1 2 "Exclusif: Najim Laachraoui arrêté à Anderlecht ! (DIRECT)". DH. 23 March 2016. Consultado o 23 March 2016.
- ↑ "Brussels attacks: Police hunt Zaventem bombings suspect". BBC News. 22 March 2016. Consultado o 22 March 2016.
- ↑ Michael Isikoff (22 March 2016). "U.S. officials believe more terrorists tied to Brussels attack are at large, plotting new strikes". Yahoo! News. Consultado o 22 March 2016.
- 1 2 David Lawler; Danny Boyle (22 March 2016). "Brussels attacks: 34 killed and hundreds wounded as Islamic State claims responsibility for airport and Metro bombings – live". The Daily Telegraph. Consultado o 22 March 2016.
- ↑ "This detail about how the suspected Brussels suicide bombers wore their gloves might have been a giveaway". Business Insider. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2016. Consultado o 22 March 2016.
- ↑ "Brussels attacks: Fugitive Najim Laachraoui 'arrested in Anderlecht by special forces unit' according to reports - latest". The Telegraph. 22 March 2016.
- ↑ "Brussels airport attacker 'arrested'". BBC News. 23 March 2016. Consultado o 23 March 2016.
- ↑ "Attaques de Bruxelles: la police de Mons-Quévy ferme ses commissariats de proximité" (en francés). La Province. 22 de marzo de 2016. Consultado o 22 de marzo de 2016.
- ↑ "Bélgica cancela la circulación del metro en Bruselas ante el riesgo "inminente" de atentados". Público. 22 de marzo de 2016. Consultado o 22 de marzo de 2016.
- ↑ De Diego, Sara (22 de marzo de 2016). "Al menos 23 muertos en el aeropuerto y una estación de metro de Bruselas". El Confidencial. Consultado o 22 de marzo de 2016.
- ↑ "Contraints par les dernières... - ULB-Université libre de Bruxelles | Facebook". Consultado o 2016-03-22.
- ↑ "Deadly explosions rock Brussels Airport". CBS News. Consultado o 22 de marzo de 2016.
- ↑ ""Israel Bans Incoming Flights from Europe (Temporarily)"". Consultado o 22 March 2016.
- ↑ "Brussels Blasts Knock Air Travel EU-Wide". Sky News. 22 March 2016. Consultado o 22 March 2016.
- ↑ "Schiphol verscherpt maatregelen". Telegraaf (en neerlandés). Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2016. Consultado o 2016-03-22.
- ↑ "Rutte: aanslagen Brussel aanval op vrijheid en veiligheid". nos.nl. Consultado o 2016-03-22.
- ↑ "Conflict News (@Conflicts) - Twitter". twitter.com. Consultado o 2016-03-22.
- ↑ @SkyNews (22 de marzo de 2016). "French Interior Minister Bernard Cazeneuve talks French response to #Maalbeek and #Zaventem attacks" (Chío) – vía Twitter.
- ↑ "LVdG Directo". Consultado o 22 de marzo de 2016.
- ↑ "Liveblog zu Attentaten in Brüssel" (en German). Tagesschau. 22 March 2016. Consultado o 22 March 2016.
- ↑ "Brussels explosions: Full list of Zaventem airport diverted, cancelled and arrived flights". International Business Times UK. Consultado o 2016-03-22.
- ↑ Ashley Cowburn (22 March 2016). "Brussels attacks live updates: ‘Around 23 dead and 35 injured’ after three explosions around city". Consultado o 22 March 2016.
- ↑ "Margallo responsabiliza a Daesh de los atentados de Bruselas". Eldiario.es. 22 de marzo de 2016. Consultado o 22 de marzo de 2016.
- ↑ "Nuevo revés bursátil a las empresas más vinculadas al turismo". Expansión. 22 de marzo de 2016. Consultado o 22 de marzo de 2016.
- ↑ "#JeSuisBruxelles messages flood social media after terror attack". USA TODAY. 22 March 2016.
- ↑ "Social media users share crying Tintin in Brussels aftermath". Yahoo News. 22 March 2016. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2016.
- ↑ "Brussels attack: #JeSuisBruxelles dominates social media". 22 March 2016.
- ↑ Christina Zdanowicz CNN (22 March 2016). "World mourns for Brussels on social media". WBAL-TV. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2016.
- ↑ Samuel Osborne (23 March 2016). "Brussels bombings: Social media reaction to attacks criticised as disproportionate compared to Ankara". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2018. Consultado o 23 de marzo de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Atentados de Bruxelas de 2016 |