Saltar ao contido

Alfredo Alcalá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlfredo Alcalá
Biografía
Nacemento(es) Alfredo Alcalá Navarro Editar o valor en Wikidata
9 de xaneiro de 1940 Editar o valor en Wikidata
Ballesteros de Calatrava, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de decembro de 2023 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
EducaciónEscola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoReconstrución e rehabilitación de vivendas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónarquitecto Editar o valor en Wikidata
EmpregadorEscola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsXavier Alcalá Editar o valor en Wikidata
Premios

BUSC: alcala-navarro-alfredo-1940

Alfredo Alcalá Navarro, nado en Ballesteros de Calatrava (provincia de Cidade Real) o 9 de xaneiro de 1940, é un arquitecto castelán vinculado a Galicia. É irmán do escritor galego Xavier Alcalá.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Facultade de Humanidades de Ferrol

Titulouse pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, o 29 de abril de 1967, na especialidade de Restauración de monumentos. Está colexiado nos Colexios Oficiais de Arquitectos, de Galicia co nº 75; de Andalucía oriental co nº 3550 e de Madrid co nº 1929.

Desde abril de 1984 é profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, no departamento de Proxectos.

É autor de numerosas obras dentro e fóra de Galicia. Entre as súas obras máis singulares están as intervencións levadas a cabo no campus universitario de Esteiro (Ferrol), entre as que destaca a facultade de Humanidades. Tamén é autor da restauración e reutilización do Convento de San Roque de Santiago de Compostela, da restauración do foxo do arsenal militar de Ferrol, da rehabilitación dun edificio do século XVII no centro histórico da Magdalena para o Ateneo Ferrolán, o deseño do Estadio Municipal da Malata, do trazado do barrio de Esteiro, ou as actuacións de restauración e rehabilitación levadas a cabo no Pazo da Merced de Neda, para o seu uso como vivenda, estudio de arquitectura, e establecemento de Turismo Rural.

A súa obra fíxoo acredor de numerosos premios, entre os que salientan:

  • Segundo premio do concello de Fene no deseño da casa consistorial (1977).
  • Primeiro premio no concurso para o deseño dun grupo de vivendas en Caranza (1981).
  • Primeiro premio do concurso de ideas para a instalación do porto deportivo de Caranza (1988).
  • Primeiro accésit no concurso de proxecto básico de reforma no mercado de Abastos de Pontevedra (1998).
  • Gañador do III premio de arquitectura Rodolfo Ucha Piñeiro (2006).[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]