Estadio da Alta
Aparencia
Estadio da Alta | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 42°35′17″N 8°55′27″O / 42.588044778252, -8.9240943096314 |
Localización | Cabío (O Xobre, A Pobra do Caramiñal) |
Estadio | |
Localía | Puebla Crocha |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Estadio da Alta é un estadio público situado en Cabío, na parroquia do Xobre, no concello coruñés da Pobra do Caramiñal. Dedicado principalmente á práctica de fútbol, nel xogan como locais os dous principais clubs pobrenses: o Puebla e a Crocha. Conta tamén con pista de atletismo para a práctica deste deporte, sendo utilizado habitualmente pola Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza.
Características
[editar | editar a fonte]O campo de fútbol é de herba natural, mentres que a pista de atletismo consta de 4 pistas e 6 nas rectas.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Estadio municipal de Alta". apobra.gal (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do estadio no sitio web da Federación Galega de Atletismo.
- Datos do estadio no sitio web da Real Federación Galega de Fútbol.