Herba de Nosa Señora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Artemisia vulgaris»)

A herba de Nosa Señora ou artemisa menor[1] (Artemisia vulgaris) é unha especie de planta da familia das asteráceas do xénero Artemisia. É autóctona de Galiza.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha planta perennifolia herbácea de 1 a 2 m (raramente 2,5 m), con raíces lígneas. As follas de 5 a 20 cm de lonxitude, verde moi escuras, pinnadas, con pelos brancos densos tomentosos no envés. O talo ten unha titura vermella purpúrea. As flores son miúdas (5 mm de longo) son radialmente simétricas con moitos pétalos amarelos ou vermellos escuras. Ten numerosos e angostos capítulos (testas florais), ábrense en panículas tipo acios. Florea de xullo a setembro no hemisferio boreal.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

É nativa de áreas temperadas de Europa, Asia, norte de África, espallándose hoxe por América do Norte onde é considerada unha herba ruín. Medra moi ben en solos nitroxenados, en especial zonas de breña, mata e terreos ermos.

Usos[editar | editar a fonte]

Ilustración do século XIX.

A herba de Nosa Señora ten tuiona, que é tóxica. Mulleres grávidas, en particular, deben evitar consumir a herba. Actualmente úsase pouco pola súa toxicidade, mais é recordada polo seu uso culinario, medicina herbal, e herba para fumar.

Alimento[editar | editar a fonte]

Follas e gomos ben esmagados antes da floración de xullo, usábanse para un axente saborizante amargo para carne graxa e peixe. En Alemaña, usábase para perús, especialmente para os azacotados para o Nadal. Usábase en Corea e no Xapón para tortas de arroz festivas, dándolles unha cor averdada. Na Idade Media a artemisa era parte da mestura de herbas gruit, para dar sabor á cervexa antes da introdución do lúpulo.

Propiedades medicinais[editar | editar a fonte]

Artemisia vulgaris.

As propiedades medicinais da herba de Nosa Señora foran descubertas polas poboacións das zonas semiáridas e temperadas, onde medran espontaneamente. No texto grego de Dioscórides, cítase a artemisa como remedio contra os verme internos. Os indios de Novo México a Colombia utilizan variedades análogas para sandar a bronquite e o arrefriados. Aínda hoxe en día os chineses meten nas ventas do nariz unha folla desta herba envolta para a epistaxe (hemorraxia nasal).

No vello folclore xermánico muggiwurti significa "planta das moscas", facendo referencia ao seu uso desde tempos antigos para repeler insectos.[2]

A planta ten óleos volátiles (cineola, ou aceite de artemisa, tuiona), flavonoides, triterpenos, derivados da cumarina. Mastigando as follas axúdase á fadiga e estimula o sistema nervioso. Úsase coma antihelmíntico, aínda que é máis forte a especie irmá Artemisia absinthium.

Emprégábase coma menciña tradicional chinesa pulverizado, torrrado e recomposto a xeito dunha forma chamada moxa. A moxibustión de artemisa incrementa o posicionamento cefálico de fetos que viñan de nádegas antes do tratamento. Como causa contraccións uterinas, tense usado para causar abortos.

Etnografía[editar | editar a fonte]

En Galiza considérase herba máxica, por iso emprégase ás veces coma unha das herbas de San Xoán para preparar a auga máxica. Estas crenzas remóntanse polo menos á Idade Media, onde a herba de Nosa Señora usábase coma herba protectora máxica. Tamén para repeler insectos, especialmente bolboretas nas hortas. E en épocas máis remotas como remedio contra o cansazo e para protexer os viaxantes contra maos espíritos e animais bravos. Os soldados romanos puñan a planta dentro das sandalias para protexer os pés da fadiga.

Empregouse moito na bruxaría e meigaría porque se dicía que inducía aos soños lúcidos e ás viaxes astrais. Fumar, ou consumir da planta, ou cunha tintura, antes de durmir, incrementaría a intensidade do soño, o nivel de control, e axudar a lembrar ao espertar. Unha mata de artemisa seca debaixo do traveseiro cumpría o mesmo efecto.

Incompatibilidades con medicamentos[editar | editar a fonte]

Existen medicamentos cos que esta planta interactúa de xeito negativo. Como é o caso do Almobran[3] para o tratamento das xaquecas, e dalgúns medicamentos retrovirais para o tratamento do VIH.

Fumado[editar | editar a fonte]

A artemisa ten un recendo aromático. A xente pobre usábaa, ás veces mesturada con outras herbas, coma substituto do tabaco. Tense fumado mesturado ou substituíndo a marihuana, porque xera soños evocativos en estado de conciencia.[4]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Artemisia vulgaris foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 848. 1753.[5]

Etimoloxía

Hai dúas teorías sobor da etimoloxía de Artemisia: segundo a primeira, debe o seu nome a Ártemis, irmá xemelga de Apolo e deusa grega da caza e das virtudes para sandar, especialmente das gravideces e os paristallos . Segundo a segunda teoría, o xénero foi outorgado en honra a Artemisia II, irmá e dona de Mausolo, rei da Caria, 353-352 a. C., que reinou despois de que o soberano finase. Na súa homenaxe erixiuse o Mausoleo de Halicarnaso, unha das sete marabillas do mundo. Era experta en botánica e en medicina.

vulgaris: epíteto latino que significa "vulgar, común".[6]

Sinonimia
  • Absinthium spicatum (Wulfen ex Jacq.) Baumg.
  • Artemisia affinis Hassk.
  • Artemisia coarctata Forselles
  • Artemisia javanica Pamp.
  • Artemisia officinalis Gaterau
  • Artemisia opulenta Pamp.
  • Artemisia vulgaris subsp. coarctata (Fors ex Besser) Ameljcz.
  • Artemisia vulgaris var. coarctica Besser[7]

Nome común[editar | editar a fonte]

Artemisa: variedades dialectais: artemisa menor, artemixa, artemexón, artumixe , entremisa, ortimixa, artemise, artemisia, artimixe.[8] Ademais recibe os nomes de herba de Nosa Señora, herba do rato, herba madroa e de herba de santa María.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nomes vulgares galegos preferidos en diferentes fontes - Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009
  2. Lust, J. (2005) "The Herb Book" p.604
  3. "ALMOGRAN". vademecum.es (en castelán). 3 de decembro de 2010. Archived from the original on 24 de novembro de 2011. Consultado o 23 de decembro de 2023. 
  4. "Patent for alternative cigarette". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 01 de xullo de 2013. 
  5. "Herba de Nosa Señora". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 21 de noviembre de 2012. 
  6. En Epítetos Botánicos
  7. "Herba de Nosa Señora en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2013. Consultado o 01 de xullo de 2013. 
  8. http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=artemisa&tipo_busca=lema
  9. Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., Nova York.
  2. Flora of China Editorial Committee. 2011. Fl. China 20–21: 1–992. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
  3. Flora of North America Editorial Committee, e. 2006. Magnoliophyta: Asteridae, part 6: Asteraceae, part 1. 19: i–xxiv. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York.
  4. Forzza, R. C. & et al. 2010. 2010 Lista de espécies Flora do Brasil. https://web.archive.org/web/20100526002559/http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/.
  5. Gibbs Russell, G. E., W. G. Welman, E. Reitief, K. L. Immelman, G. Germishuizen, B. J. Pienaar, M. v. Wyk & A. Nicholas. 1987. List of species of southern African plants. Mem. Bot. Surv. S. Africa 2(1–2): 1–152(pt. 1), 1–270(pt. 2).
  6. Gleason, H. A. 1968. The Sympetalous Dicotyledoneae. vol. 3. 596 pp. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, Nova York.
  7. Gleason, H. A. & A. J. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–910. New York Botanical Garden, Bronx.
  8. Hitchcock, C. H., A. J. Cronquist, F. M. Ownbey & J. W. Thompson. 1984. Compositae. Part V.: 1–343. In Vasc. Pl. Pacif. N.W.. University of Washington Press, Seattle.
  9. Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. 2011. Flora de Antioquia. Catálogo de las Plantas Vasculares, vol. 2. Listado de las Plantas Vasculares del Departamento de Antioquia. pp. 1–939.
  10. Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118.
  11. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
  12. Nelson, C. H. 2008. Cat. Pl. Vasc. Honduras 1–1576.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]