Saltar ao contido

Arroaz austral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arroaz austral
 Nome taxon
    Tursiops australis
 Nome curto
    T. australis (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeArtiodactyla
FamiliaDelphinidae
XéneroTursiops
EspecieTursiops australis Editar o valor en Wikidata
Kate Charlton-Robb et al., 2011 Tursiops australis Editar o valor en Wikidata
Localización
 Endémico en
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0h67rpw Editar o valor en Wikidata
OTT410776 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O arroaz austral,[Cómpre referencia] Tursiops australis Charlton-Robb et al. 2011, é unha especie de mamífero odontoceto da familia Delphinidae, endémica das augas costeiras do sur e sueste de Australia, que foi descrita o ano 2011.

Durante moito tempo os científicos pensaron que o xénero Tursiops era monoespecífico, coa única especie Tursiops truncatus, aínda que moitos pensaban en que podería haber máis dunha.

Desde que en 1998 Rice recoñeceu como válida a especie Tursiops aduncus (que fora descrita por Ehrenberg en 1833) houbo un crecente consenso de que o xénero estaba formado por estas dúas especies.[1]

Pero recentes estudos de xenética molecular permitiron un mellor coñecemento deste problema, anteriormente insuperábel, e unha terceira especie, Tursiops australis foi descrita en 2011.[2][3]

É a terceira vez que se recoñece unha nova especie de golfiño desde finais do século XIX.[4]

A especie foi denominada Tursiops australis pola investigadora que a descubriu, Kate Charlton-Robb, da Universidade de Monash.

Só se identificaron dúas poboacións de T. australis: unha en Port Phillip e a outra nos lagos de Gippsland. Calcúlase que están compostas por un total de aproximadamente 150 arroaces (100 en Port Phillip e 50 en Gippsland).[3]

  1. ↑ "Tursiops". www.itis.gov ITIS. Consultado o 2020-04-29.
  2. ↑ Kate Charlton-Robb, Lisa-Ann Gershwin, Ross Thompson, Jeremy Austin, Kylie Owen e Stephen McKechnie (2011): "A New Dolphin Species, the Burrunan Dolphin Tursiops australis sp. nov., Endemic to Southern Australian Coastal Waters" Ver en liña PLoS ONE 6 (9): e24047.
  3. 1 2 Researcher discovers new dolphin species in Victoria. Universidade de Monash, 15-09-2011. (en inglés)
  4. ↑ New dolphin species discovered in Victoria. ABC News, 15-09-2011. (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]