Baía de Port Phillip

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Port Phillip»)
Imaxe de satálite da baía de Port Phillip.

A baía de Port Phillip ou, simplemente, Port Phillip (e localmente só como A Baía (The Bay), é unha immensa baía australiana, situada no sur do estado de Victoria, e en cuxa ribeira norte se asenta a cidade de Melbourne.

Está prolongada na súa parte occidental pola baía de Corio.

Descrición[editar | editar a fonte]

Mapa de Port Phillip.

Xeograficamente, a baía ten unha superficie de 1 930 km² e unha costa de 264 km. O volume de auga na baía é duns 25 km³.

Aínda que para o seu tamaño é moi pouco profunda —a parte máis profunda ten só 24 m, e a metade ten menos de 8 m—, a súa maior parte é navegábel. Pechada polo leste pola península de Mornington e polo oeste pola Bellarine, Port Phillip está bordeada por moitas pequenas baías, como a baía Beaumaris, e praias, como St Kilda ou Brighton.

As súas augas e costas son fogar de focas, baleas, golfiños, corais e moitos tipos de aves mariñas e aves limícolas migratorias.

A baía ábrese cara ao sur polo estreito de Bass por unha boca (chamada "The Rip") entre a punta Lonsdale ao oeste e a punta de Nepean ao leste. A estreiteza desta boca e particularmente as violentas ondas e mareas fan dela un paso delicado para os buques que requiren a miúdo, especialmente os máis grandes, a guía dun práctico local do Port Phillip Pilot Service.

A costa oriental caracterízase por ter moitas praias de area, mentres que a costa do oeste é máis heteroxénea.

Unha liña de transbordadores (Searoad) conecta a cada hora ambos os lados da boca, entre Queenscliff no oeste e Sorrento no leste. Outro transbordador ao norte conecta St Kilda Williamson dun lado, e a baía de Hobsons, polo outro, na área metropolitana de Melbourne.

Deportes e tempo de lecer[editar | editar a fonte]

Ademais das praias, a baía de Port Phillip é un lugar para a práctica de actividades naúticas, con portos náuticos en Geelong , St Kilda e Brighton) e as súas ribeiras son apreciadas para o ciclismo, a marcha e as carreiras pedestres.

Historia[editar | editar a fonte]

Antes da colonización europea a rexión ao redor de Port Phillip estaba dividida entre os territorios das nacións dos wathaurong (ao oeste), wurundjeri (norte) e boonwurrung (sur e este).

Os primeiros europeos en entrar na baía foron os tripulantes do HMS Lady Nelson, comandado por John Murray e, dez semanas despois, polos do HMS Investigator, comandado por Matthew Flinders, en 1802.

Expedicións posteriores tiveron lugar en 1803 para establecer o primeiro asentamento en Victoria, cerca de Sorrento, pero este asentamento foi abandonado en 1804.

Trinta anos máis tarde, colonos procedentes de Tasmania volveron a establecerse en Melbourne, agora a capital do estado, na desembocadura do río Yarra en 1835 e en Geelong, na baía de Corio en 1838.

Hoxe Port Phillip é a conca máis poboada de Australia, cunha poboación estimada de 3 millóns de persoas que viven ao redor da baía; os suburbios de Melbourne exténdense pola maior parte das costas norte e leste, e a cidade de Geelong esténdese ao redor da baía de Corio, no brazo occidental da baía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]