Mario Iceta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mario Iceta Gavicagogeascoa»)
Infotaula de personaMario Iceta

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1965 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Gernika-Lumo, España Editar o valor em Wikidata
Roman Catholic Archbishop of Burgos (en) Traducir
6 de outubro de 2020 –
← Fidel Herráez Vegas (pt) Traducir
Bispo de Bilbao
24 de agosto de 2010 – 11 de maio de 2021
← Ricardo BlázquezJoseba Segura Etxezarraga →
Bispo auxiliar
5 de febreiro de 2008 – 24 de agosto de 2010
Bispo titular
5 de febreiro de 2008 – 24 de agosto de 2010
← Stanisław Smoleński (en) TraducirNelson Francelino Ferreira (pt) Traducir →
Diocese: titular see of Alava (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Navarra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico (1994–), profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Navarra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónRicardo Blázquez Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1695237

Mario Iceta Gavicagogeascoa, nado en Gernika-Lumo o 21 de marzo de 1965,[1] é un eclesiástico católico vasco, actualmente bispo diocesano de Bilbao.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Presbiterado[editar | editar a fonte]

Foi ordenado sacerdote da diocese de Córdoba o 16 de xullo de 1994[1] polo bispo diocesano José Antonio Infantes Florido.

Na diocese cordobesa, comezou como coadxutor da parroquia da Asunción de Priego de Córdoba en 1994. Posteriormente pasou a ser párroco en Almodóvar del Río, entre 2002 e 2004. Foi nomeado párroco en Lucena e vigairo episcopal da Campiña en 2004, cóengo penitenciario en 2005, e vigairo xeral e ecónomo catedralicio en 2007.[2]

No ámbito académico, obtivo en 1995 o doutoramento en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Navarra,[2] e en 2002 o doutoramento en Teoloxía polo Pontificio Instituto Xoán Paulo II (Roma). En 2004 obtivo o máster en Economía pola UNED, foi nomeado membro correspondente da Real Academia de Córdoba, e comezou como profesor asociado de Teoloxía Moral e Bioética na Universidade de Navarra. Foi fundador da Sociedade Andaluza de Investigación Bioética.[2]

Episcopado[editar | editar a fonte]

O 5 de febreiro de 2008 foi nomeado bispo auxiliar de Bilbao,[1] e bispo titular de Alava. Recibiu a ordenación episcopal de mans de Ricardo Blázquez o 12 de abril de 2008,[1] sendo os co-consagradores Carlos Amigo Vallejo, arcebispo de Sevilla, e Manuel Monteiro de Castro, nuncio apostólico para España.

O 24 de agosto de 2010 foi nomeado bispo diocesano de Bilbao,[1] tomando o 11 de outubro posesión da sé.[3]

O 6 de outubro de 2020 foi nomeado arcebispo metropolitano de Burgos.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Rinunce e nomine". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (Sala Stampa della Santa Sede) (B0501). 24 de agosto de 2010. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "El obispo más joven de España es cirujano". ABC.es (en castelán). 6 de febreiro de 2008. 
  3. "Iceta tomará posesión como obispo de Bilbao el lunes 11 de octubre". elcorreo.com (en castelán). 8 de outubro de 2010. Consultado o 07-10-2015. 
  4. "Mario Iceta, nuevo arzobispo de Burgos". ABC.es (en castelán). 6 de outubro de 2020. Consultado o 08/10/2020. El hasta ahora obispo de Bilbao se pone al frente del Arzobispado burgalés sustituyendo a Fidel Herráez, que presentó su renuncia al gobierno pastoral de la diócesis el 28 de julio de 2019 al cumplir 75 años. 
  5. Ontoso, Pedro (6 de outubro de 2020). "Mario Iceta deja Bilbao para ocuparse del Arzobispado de Burgos". elcorreo.com (en castelán). Consultado o 08/10/2020. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Ricardo Blázquez
 Bispo de Bilbao 
2010 - 2020
Sucesor:
(no cargo como administrador apostólico)
Predecesor:
Fidel Herráez
 Arcebispo metropolitano de Burgos 
2020 - actualidade
Sucesor:
(no cargo)